Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Jazz/Blues
Música Jazz/Blues
Cultura recupera o proxecto Rosalía 21 para o aniversario da poeta
Xénero:
| 16 / 2 / 2010O vindeiro 24 de febreiro cúmprense 173 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Para o conmemorar, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura organizou, ás 20 horas, un concerto no Salón de Teatro de Compostela co título Homenaxe a Rosalía. O evento contará coa presenza do Abe Rábade Quartet, Anxo Angueira, Guadi Galego e a participación especial de Uxía Senlle, que interpretarán os temas do disco Rosalía 21, editado por Falcatruada, e que recupera en clave de jazz textos clásicos desta autora. A obra xurdiu como un proxecto multimedia que fixo parte da representación galega na Feira do Libro da Habana en 2008.
O jazz tende unha ponte sobre o océano con Atlantic Bridge
Xénero:
| 19 / 1 / 2010Nas portas da quinta edición do festival Iberojazz da Coruña preséntase hoxe ás 21 horas no Forum Metropolitano da cidade herculina o proxecto musical Atlantic Bridge conformado por músicos das dúas beiras do Atlántico e o disco homónimo. Así por Galicia están Alberto Conde, Kin García, Roberto Somoza e Miguel Cabana; mentres da outra beira achéganse os estadounidenses Steve Brown e Walter White. O disco deste sexteto de jazz foi gravado, mesturado e producido en Ithaca College (New York), masterizado en Nashville, e editado polo selo Karonte. O proxecto celebra os 30 anos do primeiro Seminario de Jazz de Banyoles, (Girona), primeiro contacto directo en España de mestres desta especialidade con músicos internacionais vencellados a este estilo de música. A este encontro asistiu Alberto Conde como alumno e Steve Brown como mestre. No ano 2008, pasados 28 anos do pioneiro encontro, Steve Brown realiza unha xira de concertos e master class con músicos europeos de jazz en cidades como Edimburgo, Ámsterdam, Paris, Zurich, Madrid e A Coruña; nesta última, despois de actuar con Alberto Conde, Kin García, Roberto Somoza e Miguel Cabana, é onde decide fundar o grupo e proxecto Atlantic Bridge cos músicos galegos.
REPORTAXE

Unha escola de improvisación
Data.O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra tira o seu cuarto disco e consolídase como centro de formación neste estilo musical