Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Barrié celebra os XV anos do Ciclo de Jazz percorrendo a historia deste xénero
A Barrié celebra os XV anos do Ciclo de Jazz percorrendo a historia deste xénero
marzo 24, 2010
Cando o jazz era practicamente un descoñecido no noso país, a Fundación Barrié apostou por crear un ciclo para dalo a coñecer e fomentar unha programación estable. Quince anos despois, e cun panorama ben diferente con seminarios, locais específicos e músicos galegos de recoñecido prestixio, a Fundación Barrié celebra a súa aposta cunha programación especial. Con motivo da celebración, a Barrié organizará dez concertos cos que convida a percorrer a historia do jazz nas súas catro grandes épocas. Ademais, como novidade, Santiago e Ferrol incorpóranse ao ciclo que se desenvolve na Coruña e Vigo. A cita co jazz terá lugar entre o 10 de abril e o 28 de maio.
*Noticia corrixida o 25/03/2010
Tamén che pode interesar:
- 12/ 11/ 2014 | A Coruña énchese de jazz co Jazzatlántica
- 21/ 2/ 2014 | O VII Ciclo 1906 Jazz trae 23 concertos a Galicia
- 13/ 3/ 2013 | Ron Carter inaugura o ciclo 1906 de jazz
- 8/ 5/ 2012 | Preséntase a primeira promoción de titulados de Jazz
- 10/ 4/ 2012 | Robert Glasper abre o XVII Ciclo de Jazz da Fundación Barrié