Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cultura recupera o proxecto Rosalía 21 para o aniversario da poeta

ABE RáBADE QUARTET, ANXO ANGUEIRA, GUADI GALLEGO E UXíA SENLLE ACTUARáN EN COMPOSTELA O DíA 24

Cultura recupera o proxecto Rosalía 21 para o aniversario da poeta

JAZZ/BLUES | febreiro 16, 2010

not_11742.jpg

O vindeiro 24 de febreiro cúmprense 173 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Para o conmemorar, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura organizou, ás 20 horas, un concerto no Salón de Teatro de Compostela co título Homenaxe a Rosalía. O evento contará coa presenza do Abe Rábade Quartet, Anxo Angueira, Guadi Galego e a participación especial de Uxía Senlle, que interpretarán os temas do disco Rosalía 21, editado por Falcatruada, e que recupera en clave de jazz textos clásicos desta autora. A obra xurdiu como un proxecto multimedia que fixo parte da representación galega na Feira do Libro da Habana en 2008.