Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Jazz/Blues
Música Jazz/Blues
A Barrié centra o novo ciclo de jazz no panorama actual do xénero
Xénero:
| 23 / 2 / 2011Co obxectivo de retratar o momento actual do jazz mundial, o novo ciclo da Fundación Barrié programará a algúns dos nomes máis vibrantes da escena musical actual neste xénero. Artistas como China Moses, Jar Garbarek, Thelonious Monk (fillo), Ravi Coltrane, Anthony Colman, ou Airto Moreira entre outros. A presenza galega está representada polo CSM Coruña Jazz Trío, unha formación de profesores da Aula de Jazz do Conservatorio da Coruña que compartirán escenario co saxo tenor Scott Hamilton.
Iberojazz VI
Xénero:
| 18 / 1 / 2011Con seis edicións ás costas, Iberojazz está a se consolidar como unha cita fundamental no panorama deste xénero do noso país. Esta mesma semana bota a andar a nova xeira deste proxecto, cunha homenaxe a Irving Berlin como fío condutor. Entre as novidades do proxecto, o programa presenta unha homenaxe á primeira licenciatura de jazz de Galicia. A Big Band do Conservatorio da Coruña realizará un intercambio cunha formación homóloga de Italia na que poderemos coñecer as composicións dos novos licenciados do noso país. Deste intercambio sairá un DVD en directo Antonio Serrano, Chema Sáiz e Israel Sandoval son algúns dos nomes que se poderán ver nesta xeira, ademais das xa habituais sesións no pub Filloa, centradas en valores do noso país. Alberto Conde, director artístico do evento, explícanos as peculiaridades desta edición, que bota a andar o día 20.
Nani García substitúe a Baldo Martínez á fronte do Imaxina Sons
Xénero:
| 17 / 12 / 2010O Imaxina Sons, o festival dedicado ao jazz que acumula seis edicións en Vigo, ten novo director artístico. Nani García substitúe a Baldo Martínez, director e alma máter deste encontro desde o seu nacemento. Nani non é un estrano para o encontro onde xa participou como director do “Imaxina Jazz Orquestra” nunha homenaxe a Antonio Cal, saxofonista xa desaparecido que formou parte de Clunia ( grupo pioneiro deste estilo musical en Galicia e no que tamén estiveron tanto Baldo Martínez como Nani García). A vindeira edición, que desenvolverá entre finais de xuño e principios de xullo, estreará un novo modelo organizativo, no que Nani García coordinará a unha mesa de asesores que fará achegas ao deseño do festival. O Imaxina Sons está consolidado como unha cita de referencia ao redor do jazz europeo e cunha especial atención ao jazz feito en Galicia.
Lugo achégase ao jazz no vixésimo aniversario deste festival
Xénero:
| 10 / 11 / 2010Hai vinte anos, con pouco orzamento e menos experiencia o colectivo lugués Escobijazz puxo en marcha o I Festival de Jazz de Lugo. Dúas décadas despois, o colectivo recupera daquela primeira edición feita a base de grupos canarios, algunhas formacións insulares (a Bing Band de Canarias e a Dich Oatts). Canda elas, unha achega importante de homenaxe aos clásicos como Joe Lovano e Dave Liebman ou John Coltrane. A cita arrinca mañá en Lugo a ata o día 20 de novembro habará oco para 17 formacións.
Fluorescencias con jazz
Xénero:
| 19 / 10 / 2010É a historia dun can cheo de pulgas ao que dous felinos vagamundos lle rouban o seu oso e coa axuda dun rato consegue recuperar o seu tesouro. A ritmo de jazz e facendo referencias aos debuxos americanos dos anos cincuenta, Galitoon conta unha historia sinxela sobre a amizade. Ademais, Botazz! O swing do jazz foi unha proposta do Imaxina Sons, o festival de Jazz do concello de Vigo, que quixo achegar este estilo musical aos máis pequenos. O resultado é unha obra de jazz para nenos contada con bonecos luminosos e música en directo.
Balea´s Blues Quintet protagoniza a XIII Canjazz, o referente musical do verán cangués
Xénero:
| 19 / 8 / 2010Sen a participación económica da Xunta pero co apoio total do Concello de Cangas e Caixanova, esta localidade pontevedresa acollerá desde o vindeiro martes 24 a décimo terceira edición do seu festival de jazz. Greg Ruggiero, Balea´s Blues Quintet e o batería Marc Ayza son os principais reclamos do cartel que achega artistas que están a trunfar en Nova Yok, xunto con artistas locais. Ademais, a organización ten previsto gravar un disco conxunto entre todos os participantes que leva o nome de Canjazz Collective. Pero antes, os amantes do jazz terán outra cita en Pontedeume que acolle desde hoxe unha nova edición do festival Vol.5 que durará ata o vindeiro sábado.
Déixate sorprender
Xénero:
| 23 / 6 / 2010“Un non pode chegar á butaca sabendo de antemán o que vai escoitar. Necesitamos que se sorprenda”. E neso traballa Baldo Martínez, director do Imaxina Sons para que cada ano a xente descubra novas propostas musicais. Este ano, o festival ofrecerá desde unha banda que reinterpreta os sons africanos a ritmo de jazz ata un proxecto pensado para iniciar aos máis pequenos neste xénero pasando por master class, mesas redondas, concertos… a cita co jazz arranca hoxe en Vigo.
O III Jazz Mariñas arrinca con obradoiros en institutos
Xénero:
| 19 / 5 / 2010Dez obradoiros para introducir os alunos de diferentes institutos da comarca nas bases do jazz. Esta é a presentación coa que bota a andar esta semana a terceira edición de Jazz Mariñas. Os concertos deste festival inícianse o vindeiro 4 de xuño no centro cultural A Fábrica de Oleiros, co grupo Clunia. A partir de entón, e ata o 26 do mesmo mes, sucederanse concertos cada venres e sábado en locais dos diferentes concellos da comarca, con grupos como Jazzanga, Verónica Ferreiro, Kin García ou Xan Campos Trío.
A Deputación e o concello de Ferrol volven poñer en marcha o festival Out.Jazz
Xénero:
| 11 / 5 / 2010Víctor Aneiros, Roberto Somoza, Guiulia Valle e Mercedes Peón son algúns dos artistas que figuran no cartel Out.Jazz, o festival de jazz que organiza o concello de Ferrol. A deputación da Coruña acaba de confirmar unha achega de 28.000 euros para este fin, co que se garante a celebración dunha nova edición deste encontro que tivo moi boa acollida.
Arrinca o 14 Festival de Jazz de Ourense
Xénero:
| 4 / 5 / 2010Ten 85 anos, máis de seis décadas de experiencia no mundo do jazz e, en moitas revistas especializadas din del que é “o batería con mellor currículo do mundo”. Roy Haynes é o encargado de abrir a décimocuarta edición do Festival de Jazz Primavera de Ourense que arrinca hoxe en Ourense. Seis concertos, cinco no Café Latino e un na Praza de Santa Eufemia, conforman a programación deste encontro que se desenvolve do 4 ao 28 de maio e contará con Dena de Rose Trio e Scott Hamilton, Nicholas Payton Quintento e Benny Golson e Cedar Walton Cuarteto.
REPORTAXE
Unha escola de improvisación
Data.O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra tira o seu cuarto disco e consolídase como centro de formación neste estilo musical