Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Agoraphobia van a por todas con Incoming Noise
Xénero:
| 30 / 10 / 2017O primeiro disco de longa duración das barbanzanas Agoraphobia Incoming Noise (Autoeditado) chega cando xa levan anos conseguindo recoñecementos. Gañadoras este mesmo ano do IV Premio Martín Códax da Música en Galicia na categoría de Rock e do Vodafone yu Music Talent de 2013, nos últimos anos subiron aos escenarios de festivales nacionais como Brincadeira Festival, Monkey Week, Portamérica, Sunshine Festival, Vértigo Estival ou Low Festival, entre outros, veñen de actuar no festival Posporos de Manila en Filipinas e pasaron dous anos consecutivos polo prestixioso festival South by Southwest (SXSW) de Texas. Incoming Noise, supón para elas un "paso de madurez profesional e persoal" co que presentan un novo estilo sonoro. O grupo ven de facer unha presentación previa durante o encontro profesional da industria musical BIME de Bilbao e o disco xa está desde o pasado venres nas plataformas dixitais e sairá á venda na edición dixital o venres día 3 de novembro.
Os John Deeres presentan o seu segundo disco '20-20'
Xénero:
| 16 / 10 / 2017Xa está en todas as plataformas o novo disco da banda Os John Deeres, 20.20. Os da Estrada presentan neste traballo editado baixo o Netlabel O Toxo Rabudo oito temas en galego de “hard rock” sen concesións, pensados claramente para levar a un directo enérxico e electrizante. O tema de presentación, Rendición, xa dispón de videoclip. As letras van da temática social (Entre fronteiras, A sombra de ti, Dourado veleno) ao macarrismo (Inevitable); da superación dos propios límites (Cara adiante, Tan forte, tan lonxe) á conciencia de que ás veces só queda deixarse levar pola nosa parte máis escura (Rendición, Espiral). Segundo comentan desde O Toxo Rabudo sobre o disco, "con 20-20 os John Deeres atoparon o seu lugar. Despois dun primeiro traballo inaugural que recollía temas de case unha década tocando xuntos, con 20-20 a banda dá un salto cara a un son máis directo e cru, máis compacto e máis achegado ás súas bandas de referencia dos 70". O disco pódese descargaur xa que está baixo licenza Creative Commons. A banda estará o vindeiro día 21 no festival grelo Folc de Monfero presentando en directo o seu novo traballo.
O veterán festival Xiria Pop pecha o verán en Carballo
Xénero:
| 11 / 9 / 2017O Festival Xiria Pop de Carballo celebrará o vindeiro fin de semana unha nova edición ofrecendo dous días de actuación de bandas galegas, nacionais e internacionais. O evento, que comezou no ano 98 como unha festa vencellada á xente do equipo de balonmán local Xiria, foi crecendo e evolucionando co tempo ata ser unha cita veterana e estable da programación musical de finais do verán. A Sala Dublín acollerá os días 15 e 16 a actuación de catro bandas e un Dj cada xornada. Dúas bandas británicas, Colorama e MFC Chicken, encabezan o cartel en cada un dos días. De Londres tamén chegan Sulk e de Motpellier Les Lullies. A presenza galega a poñen os compostelán Thee Boas. Bandas nacionais como Biznaga, Los Estanques e Carolina Otero & Someone Elses completan a oferta de concertos que se celebrarán no Club Dubñin de Carballo.
O Nordestazo Rock cambia para manter a súa esencia
Xénero:
| 29 / 6 / 2017Nun panorama tan numeroso en festivais de verán como o actual, desde a organización do Nordestazo Rock de Malpica cren chegado o momento de facer cambios necesarios pola sostibilidade e permanencia da súa proposta. Na súa edición do pasado ano o Nordestazo conseguiu ser candidato a dous Premios Fest nas categoría de Festivais de pequeno Formato e de Campaña de comunicación A novena edición do evento malpicán chega este vindeiro 5 de agosto cuns cambios que reforzan o seu espírito local sen renunciar a facer desta cita unha atractiva oferta musical na Costa da Morte para calquera visitante. Unha decidida aposta por artistas galegos, a recuperación do escenario pegado ao mar e a entrada de balde son os tres piares fundamentais que segundo a organización, coa Asociación A Tralla á cabeza, poden manter a esencia do festival e asegurar a súa continuidade. Segundo aseguran desde a dirección do Nordestazo “entendemos que debemos replantealo, non queremos ofrecer o mesmo que calquera outro festival e ao mesmo tempo temos que ser parte activa da vida estival de Malpica”, din nun comunicado no que apostan polo achegamento, a calidade e o valor das propostas artísticas de relevancia máis contemporáneas como concepto deste ano.
Def Con Dos e Soziedad Alkohólika para o Castelo Rock de Muros
Xénero:
| 2 / 6 / 2017O festival Castelo Rock que se celebra na Praia do castelo na localidade de Muros celebrará este ano a súa décima terceira edición nos días 4 e 5 de agosto. Desde a Asociación Cultural Recreativa e Deportiva Praia do Castelo, organizadora do evento, veñen de presentar o cartel definitivo coa distribución por días para este ano. Oito grupos de dous Dj´s para ofrecer un festival de sons potentes e reivindicativos da corda do punk rock e cunha importante representación galega. Os organizadores non esquivan a controversia e contarán coas bandas Def Con Dos e Soziedad Alkohólika (S.A.) encabezando o cartel de venres e sábado respectivamente. Xunto a eles o venres estarán os vascos Kaótiko, a banda de hip hop Rebeliom do Inframundo e Archivo Adxunto. O sábado o cartel completarase con Reincidentes, que como S.A. xa participara anteriormente no festival muradán, NAO, e Monoulious Dop. As entradas xa están á venda por 19,50€ máis gastos.
Raiba xa ten na rúa o seu novo disco ‘Marxinación’
Xénero:
| 22 / 5 / 2017En pouco máis dunha semana o grupo Raiba acadou o obxectivo que tiña de financiamento colectivo do seu cuarto disco autoeditado, o presentou ante os medios e en concerto na Sala Capitol de Santiago e comezou a súa distribución e por se pouco fose todo isto participou como finalista na gala dos Premios da Música Martín Códax. Marxinación, que ese é o nome deste traballo da banda de rock, xa está nas rúas e soando e deixando claro que a forza do rock metal máis visceral da banda segue a ser unha do seu sinais de identidade como banda. Despois de "Por Vivir" (2011), "Versos de Revolta" (2014) e "Historias na Pel" (2016) a formación meteuse este ano en Pousada Sons Studios (Ames) a rexistrar este traballo contando con Iago Pico na gravación e post-produción. O proceso de financiamento popular para o que Raiba usou a plataforma Verkami ía destinado a completar as necesidades económicas do proceso, para o cal solicitaban 2.000 euros que acadaron grazas a 57 mecenas, dous dos cales terán ao grupo tocando para eles en festivais. A gravación de Marxinación tamén foi obxecto dunha peza audiovisual de 5 minutos, Como se grava un disco de rock, feita ex profeso para o concurso Youtubeir@s que promove o uso do galego na rede e na que intentan recoller todo o proceso de creación do álbum.
Tractor Troy convida a Muy Postre
Xénero:
| 10 / 4 / 2017Tres anos despois do seu Perromandril, os pontevedreses Tractor Roy acaban de saír do estudio con Muy Postre baixo o brazo. A banda presenta dez novos temas cheos de guitarras de aires rockabilly con toques de electrónica para convidar ao baile. Cancións con letras irreverentes e desenfadadas con interpretacións intensas conforman un son complexo e inquietante que Jota Gutiérrez e Fernando Mejuto se encargaron de rexistrar en La Cortina Roja Estudio. Gonzalo Maceira, coñecido polo seu traballo en Furious Monkey House, Roberto Fernández, Rafa Barrosa, Andrés Barros e Tino Álvarez conforman a aliñación do conxunto. Logo de visitar O Con do Moucho e a sala Karma, o grupo anuncia novas citas o vindeiro 5 de maio en O Encontro de Ribadumjia, o 6 en La Fábrica de Chocolate Club de Vigo e o 26 na Sala Son de Cangas.
O Manifest anima Moaña esta Semana Santa
Xénero:
| 7 / 4 / 2017Moaña vai ter unha Semana Santa movida este ano. A primeira edición do Manifest, os vindeiros 14 e 15 de abril, promenten ritmo e decibelios desde a praia da Xunqueira. Riot Propaganda na primeira xornada e Soziedad Alkohólika na segunda encabezan un cartel de oito grupos que conta tamén con Ezetaerre, Aphonnic, Arrhytmia, Golpe Radikal e Cachas e Cousins, a chegar unha mestura de rap e rock que agarda congregar unha boa cantidade de persoas na vila. Os asistentes con bono contarán con zona de acampada de balde. De xeito paralelo, con anterioridade aos concertos proxectaranse os documentais NOLA?, de Fermín Muguruza sobre Nova Orleans e Camilo: O último guerrilleiro.
Javi Maneiro comeza percorrido como solista con 'Furtivos'
Xénero:
| 4 / 4 / 2017Desde un rock'n'roll de autor sen concesións Maneiro proxéctase por vez primeira en solitario co lanzamento do seu disco Furtivos. Mantendo a súa vixencia como vocalista titular nos Heredeiros da Crus, banda coa que xa cumpre 25 anos este 2017, Javi Maneiro sempre estivo en activo coas súas inquedanzas propias e coa súa outra banda Jabón Blue editou tres discos entre 2008 e 2012. En total 12 discos de estudo xa no seu currículo coas dúas formacións. Furtivos é o primeiro álbum que Maneiro defenderá como solista e como compositor de todas as pezas. Impulsada a súa gravación e edición a través dunha campaña de crowdfunding coa que o do Barbanza acadou superar a barreira dos 10.000 euros, chega cunha proposta de dez temas contundentes e enérxicos que recupera a esencia do rock nacional con letras que recollen anos de suor e escenario. O seu tema de lanzamento, Eclipsándolo todo xa pode escoitarse en Bandcamp.
Resurrection Fest podería deixar Viveiro ante a especulación co aloxamento
Xénero:
| 23 / 3 / 2017A organización do festival Resurrection Fes de Viveiro ven de facer público un comunicado oficial expresando a súa opinión sobre "a situación actual que vive a comarca da Mariña ao respecto do aloxamento" durante as datas de celebración do evento musical. Segundo sinalan desde a produtora nos últimos anos incrementouse o prezo de hoteis e pisos particulares "ata máis dun 500%, incluso dende o primeiro día do anuncio das datas". Esta situación cualifícase de "inviable" desde o Resurrection Fest que fai un chamamento á moderación de prezos na localidade e na bisbarra, tanto de hostaleiros como de arrendadores particulares "xa que este escenario está xerando unha barreira inamovible para todo o público do festival que desexa vir de todas partes de España e Europa, e atópase con prezos superiores aos doutras zonas turísticas en tempada alta", din no comunicado. Os responsables do evento que atrae a Viveiro a máis de 80.000 persoas durante catro días de xullo advirten de que "a avaricia rompe o saco" e lembran que teñen alí "algo moi bo que se creou ao longo dos anos, que beneficia a todo o mundo e debemos coidalo entre todos, cada un a súa parte. Debemos darnos conta de que o aloxamento a prezos desorbitados é un dos maiores problemas que se afrontan á hora de realizar o festival, algo ante o cal estamos impotentes. Por iso cremos que debe facerse algo ao respecto e que o público non sexa o prexudicado. Do contrario, todo isto traerá consecuencias que afectarán directamente aos nosos asistentes e ao turismo xeral de toda a comarca." Non dubidan desde a produtora en asegurar que de manterse esta situación "a longo prazo, será insostible manter o festival en Viveiro".
novidades discográficas
Xabral
Ruxe Ruxe
O círculo das formigas
Os John Deeres
Malkeda
Malkeda
XX
Dakidarría
Rematou o simulacro
Loita Amada
REPORTAXE
![Imaxe da reportaxe: Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música](../imaxes/edicion/tem_4785.jpg)
Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música