Ti estás aquí > Inicio / música en galego
Música en galego
Baldo Martínez: “Este é o asentamento definitivo de Imaxina Sons”
Xénero:
| 26 / 6 / 2008Cun eco crecente, Imaxina Sons o Festival de Jazz de Vigo inicia hoxe a súa cuarta edición ampliando actividades. Un ciclo de cine, pasarrúas, actividades formativas e, sobre todo, unha trintena de concertos que amosan unha cita consolidada no jazz galego. Centrándose, coma sempre no panorama europeo e galego, e prestando unha especial atención ás apostas máis anovadoras, o festival revélase coma unha cita imprescindible. O seu director artístico, Baldo Martínez, explícanos a evolución do evento e fala da boa situación que vive o jazz no noso país.
Xosé Antonio Ferreiro: “Tentamos que as voces das pandeireteiras fagan algo máis que cantar ao unísono”
Xénero:
| 19 / 6 / 2008Charanga, acordeón, pandeiretas. Pradairo debuta no mercado con Aliaxe, un primeiro disco no que esta formación aposta por unha fusión festeira na que as voces femininas e as pandeiretas teñen un papel destacado. Ao longo deste verán, a obra irase presentando por diferentes festivais e concertos. Xosé Antonio Ferreiro, que se encarga da gaita, a voz e o bombo, explícanos brevemente en que consiste esta proposta.
Moving Hearts, The Dubliners, Värttinä, Sondeseu, Uxía ou Fía na roca fan parte do programa do Festival de Ortigueira
Xénero:
| 18 / 6 / 2008A XXX Edición do Festival de Ortigueira ten xa nomes. Sondeseu, Fía na Roca, Uxía ou Xochilmica pola banda galega, Moving Hearts, The Dubliners, Boys of the lough, Värttinä ou Odaiko fan parte dun programa de 25 concertos que esta mesma mañá presentaban o alcalde desta localidade, Rafael Girón canda ao Conselleiro de Industria, Fernando Blanco. Os 700.000 euros de orzamento do festival investiranse tamén na recuperación do escenario Runas para grupos noveis e en diferentes actividades de dinamización coma obradoiros, exposicións ou pasarrúas. Esta é a primeira vez que a Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo participa no evento.
Cultura promove a galeguización dos repertorios das bandas de música
Xénero:
| 17 / 6 / 2008Os concertos de bandas de música, tan populares nas celebracións galegas, poderán ter repertorio do país. Isto é o que pretende a Consellaría de Cultura e a Federación Galega de Bandas coa convocatoria do primeiro concurso de composición para banda de música e para banda con sección sinfónica. Relacionado con isto, en novembro celebrarase o II Certame Galego de Bandas. As axudas que a consellaría achegará este ano ao sector para apoiar estas formacións asceden a 270.000 euros e afectará a máis de 5.500 músicos.
A evolución sonora distingue o segundo álbum de Xochilmica
Xénero:
| 12 / 6 / 2008A grande estrea será no festival de Ortigueira, e a partir de aí promete ser recorrente nos concertos do verán Carta Branca,o segundo traballo de Xochilmica, chega ás tendas amosando, segundo os propios membros do grupo explican, unha grande evolución sonora. Folk fundamentalmente instrumental e de autor nesta nova aposta artística. Sopas, membro do grupo, explícanos este traballo.
Marcos Teira presenta Alí, o seu novo disco en solitario
Xénero:
| 5 / 6 / 2008O mercado de Salgueiriños resoa esta mañá con ar flamenco. O guitarrista Marcos Teira escolleu este espazo compostelán para presentar Alí, o seu novo disco en solitario. Teira fai con esta obra unha homenaxe ao falecido músico Alí Farka Toure, e conta coa colaboración de artistas galegos, granadinos e alxerianos. Un concerto no Teatro Principal de Santiago será, ás nove e media desta noite, a estrea oficial destes sons.
Linguaxe musical evolucionada
Xénero: IMAXES + AUDIO
| 3 / 6 / 2008 +Música de raíz, en clave instrumental e ollada desde este século XXI. Isto é o que oferta Diacronías o primeiro disco do trío Lizgairo, unha formación de luxo que reúne a Rodrigo Romaní, Anxo Pintos e Xosé Liz. Precisamente é Pintos quen nos comenta, de viva voz, como naceu este proxecto e as peculiaridades da proposta.
Para cantar e bailar amosa os xogos e bailes tradicionais para os máis pequenos
Xénero:
| 30 / 5 / 2008Dentro das variadas formas da nosa música popular, non debe estrañarnos que existisen unha ampla variedade de xogos sonoros destinados aos máis pequenos. No entanto, eran ata o de agora poucos coñecidos. En Para cantar e bailar Luís Prego e Edicións do Cumio recuperan unha parte fundamental da nosa tradición que pode axudar que nenos e nenas se achegan ao mundo da danza tradicional.
Mercedes Peón, Manuel Lourenzo e o Laboratorio de Formas completan os Premios Nacionais de Cultura
Xénero:
| 30 / 5 / 2008A Consellaría de Cultura acaba de facilitar os nomes dos gañadores das tres categorías que faltaban dos Premios Nacionais de Cultura. Mercedes Peón fíxose co de música, Manuel Lourenzo co de artes escénicas e o Laboratorio de Formas co de iniciativa cultural. Con estes sábense os nomes dos dez galardoados duns premios que se entregarán o sábado 14 de xuño no transcurso dunha gala.
Improvisación e influencias diversas no primeiro disco do dúo 2uS
Xénero: IMAXES + VIDEO
| 27 / 5 / 2008 +Fernando Abreu e Pablo Carrera son os instrumentistas que conforman a base de 2uS e que hoxe sacan á rúa o seu primeiro disco “Só Son Sons” editado por Falcatruada. Música instrumental con amplas influenzas do jazz, funk, da música contemporánea, do world music son algúns do sons que sobre a base do clarinete e a guitarra ofrece este dúo, que para a gravación dos trece temas do disco contaron tamén coa colaboración de outros músico como Pablo Novoa, Paco Dicenta, Leandro Deltell, Xesús Valle ou Nacho Muñoz. 2uS propón unha fórmula musical moi achegada ao concepto actual de jazz europeo: improvisación e influenzas dun amplo espectro de estilos musicais compartidos. Abreu (clarinete) é membro do Cuarteto Caramuxo, recentes gañadores do Festival Folk Cancioneiros da Fundación Barrié, mentres que o guitarrista Pablo Carrera tamén forma parte do grupo Dr. Harapos.
novidades discográficas
O Noso Tempo
Hugo Guezeta
Cāldo
Catuxa Salom
Vertentes
Garza
Obra social
ORTIGA
Barullo
Baiuca