Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Moving Hearts, The Dubliners, Värttinä, Sondeseu, Uxía ou Fía na roca fan parte do programa do Festival de Ortigueira
Moving Hearts, The Dubliners, Värttinä, Sondeseu, Uxía ou Fía na roca fan parte do programa do Festival de Ortigueira
xuño 18, 2008
A XXX Edición do Festival de Ortigueira ten xa nomes. Sondeseu, Fía na Roca, Uxía ou Xochilmica pola banda galega, Moving Hearts, The Dubliners, Boys of the lough, Värttinä ou Odaiko fan parte dun programa de 25 concertos que esta mesma mañá presentaban o alcalde desta localidade, Rafael Girón canda ao Conselleiro de Industria, Fernando Blanco. Os 700.000 euros de orzamento do festival investiranse tamén na recuperación do escenario Runas para grupos noveis e en diferentes actividades de dinamización coma obradoiros, exposicións ou pasarrúas. Esta é a primeira vez que a Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo participa no evento.
Tamén che pode interesar:
- 18/ 7/ 2016 | Milladoiro presenta un CD-DVD ao vivo en Ortigueira
- 2/ 7/ 2008 | Os pequenos festivais reclaman a súa importancia no panorama do directo tradicional
- 5/ 7/ 2007 | Ortigueira comeza o seu macro-evento musical agardando máis dun cento de milleiros de asistentes
- 22/ 6/ 2007 | Flook, Kroque, Kepa Junkera e Mercedes Peón encabezan o programa do Festival de Ortigueira
- 14/ 6/ 2007 | A orquestra folk Sondeseu presenta en Vigo o seu segundo traballo discográfico