Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Ortigueira comeza o seu macro-evento musical agardando máis dun cento de milleiros de asistentes
Ortigueira comeza o seu macro-evento musical agardando máis dun cento de milleiros de asistentes
xullo 5, 2007
A partir de hoxe agárdanse en Ortigueira a máis de 100.000 persoas, segundo as cifras estimadas pola organización da vixésimo novena edición do Festival de Ortigueira. A presente edición deste evento que cada ano acada o primeiro posto na lista de citas musicais con máis afluencia de público comeza hoxe cun cartel no que hai sitio para as novas promesas do folk galego e para artistas consagrados tanto do país como internacionais durante os vindeiros catro días. A organización habilitou un espazo na praia de Morouzos para o campamento pudendo acoller máis de 10.000 tendas de campaña. O festival está declarada Festa de Interese Turístico Internacional e conta cun orzamento de 670.000 euros.
Máis información en Festival de Ortigueira
Tamén che pode interesar:
- 28/ 4/ 2016 | O Resurrection Fest é o festival máis multitudinario de Galicia
- 24/ 1/ 2014 | Milladoiro encabezará o cartel do XXX Festival de Ortigueira
- 13/ 7/ 2009 | A 25ª edición do festival de Ortigueira conseguiu chegar aos 100.000 asistentes
- 9/ 1/ 2008 | Ortigueira convoca un concurso iberoamericano de composición para bandas de música
- 12/ 6/ 2006 | A mestizaxe, a danza e grupos consolidados conforman a aposta da nova edición do Festival de Ortigueira