Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Ortigueira convoca un concurso iberoamericano de composición para bandas de música

POLA BANDA DE ORTIGUEIRA

Ortigueira convoca un concurso iberoamericano de composición para bandas de música

CLáSICA/LíRICA | xaneiro 9, 2008

imaxe non dispoñible

Malia ser musicalmente máis coñecida polo festival celta a vila coruñesa de Ortigueira terá agora presenza internacional no circuíto das bandas de música. O Concello ven de presentar o I Concurso Iberoamericano de Composición para Banda de Música “Vila de Ortigueira”, un certame que nace coa colaboración de máis dun cento de orquestras e formacións de ata 12 países. O galardón carece de dotación económica pero a peza gañadora será interpretada por todas as bandas e orquestras colaboradoras que enviarán ao compositor un certificado de estrea da peza nos seus respectivos países e localidades. O prazo de envío está aberto ata o 12 de marzo deste ano.

Máis información en Concello de Ortigueira