Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cultura pesenta o primeiro Certame de Bandas de Música Populares con outras medidas de apoio a estes grupos
Cultura pesenta o primeiro Certame de Bandas de Música Populares con outras medidas de apoio a estes grupos
maio 24, 2007
Entre os días 23 e 25 de novembro deste ano celebrarase en Santiago un concurso no participarán 21 nadas do país tras pasar un proceso previo de seleción. Así se anunciou tras unha reunión da conselleira de cultura, Ánxela Bugallo, cos representantes da Federación Galega de Bandas de Música Popular. O certame está concibido como un punto de encontro entre as bandas do país e forma parte dun programa de accións coas que a consellaría quere apoiar e potenciar estas formacións cun investimento total de 250.000 euros. Estes cartos dividiranse entre o devandito concurso, a organización de encontros entre bandas, a participación destas en competicións internacionais, o financiamento de actividades formativas, estudos e renovación e galeguización do repertorio así como un apoio específico para a banda da federación.
Máis informaión en Galicia Hoxe
Tamén che pode interesar:
- 13/ 11/ 2013 | Dosier: Bandas de Música
- 18/ 6/ 2009 | A Federación de Bandas denuncia recortes no apoio da Xunta
- 17/ 6/ 2008 | Cultura promove a galeguización dos repertorios das bandas de música
- 14/ 5/ 2008 | Un disco recolle unha selección do patrimonio musical da provincia de Pontevedra
- 14/ 11/ 2007 | Celébrase en Compostela o I Certame Galego de Bandas de Música