Celébrase en Compostela o I Certame Galego de Bandas de Música
novembro 14, 2007
O I Certame Galego de Bandas de Música, que se celebrará en Compostela entre o 23 e o 25 deste mes, concentrará dezasete formacións deste tipo. Ao tempo, a Consellaría de Cultura, que organiza o certame, anunciou onte o investimento de 250.000 euros en actividades de formación e de apoio a estes grupos. Destes, 80.000 euros servirán para organizar cincuenta encontros de música popular e outros 50.000 irán a promover a participación de bandas galegas en encontros no exterior.
Máis información en La Voz de Galicia
Tamén che pode interesar:
- 18/ 6/ 2009 | A Federación de Bandas denuncia recortes no apoio da Xunta
- 17/ 6/ 2008 | Cultura promove a galeguización dos repertorios das bandas de música
- 29/ 7/ 2003 | Compostela celebra hoxe o 25 aniversario do “Día das Bandas Populares”
- 9/ 8/ 2001 | O IGAEM edita un duplo disco con temas das bandas participantes no certame da Liga de Bandas de Gaitas