Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cultura promove a galeguización dos repertorios das bandas de música
Cultura promove a galeguización dos repertorios das bandas de música
xuño 17, 2008
Os concertos de bandas de música, tan populares nas celebracións galegas, poderán ter repertorio do país. Isto é o que pretende a Consellaría de Cultura e a Federación Galega de Bandas coa convocatoria do primeiro concurso de composición para banda de música e para banda con sección sinfónica. Relacionado con isto, en novembro celebrarase o II Certame Galego de Bandas. As axudas que a consellaría achegará este ano ao sector para apoiar estas formacións asceden a 270.000 euros e afectará a máis de 5.500 músicos.