Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A orquestra folk Sondeseu presenta en Vigo o seu segundo traballo discográfico

SONDESEU TRASTEMPO

A orquestra folk Sondeseu presenta en Vigo o seu segundo traballo discográfico

FOLK | xuño 14, 2007

not_10158.jpg

"Trastempo" está producido e editado pola Fundación Sondeseu e ofrece doce pezas interpretadas pola orquestra Sondeseu no seu conxunto, mantendo espazos nos que cada sección convértese en protagonista nalgún momento. “Trastempo”, sae á rúa cunha tirada de 3.500 exemplares para a venda. Xunto con temas tradicionais e arranxos contemporáneos o disco achega dúas pezas orixinais concibidas para a formación e tamén un DVD con actuacións da orquestra en vivo. O disco foi gravado entre xullo de 2006 e marzo de 2007 no estudio Casa de Tolos de Gondomar. A Orquestra Sondeseu é a primeira orquestra de música folk de España, naceu hai seis anos e publicaba no ano 2003 o seu primeiro CD, "Mar de Vigo". O Salón de actos da da escola de Artes e Oficios acolle este venres ás 19 horas a presentación deste novo disco.

Orquestra Sondeseu
Orquestra Sondeseu
datos do disco