Ir ao contido directamente.


Reportaxes

Este agasallo ten música

Xénero: Miscelánea | 13 / 12 / 2005

Estamos en plena campaña de Nadal e se non sabes que regalar, aquí che presentamos unha escolma das novidades que as discográficas galegas preparan para esta temporada. Desde as zarzuelas da Coral Casablanca ata o metal de Talesien, pasando por pop e folck. Música para todos os gustos.

Unha escola de improvisación

Xénero: Jazz/Blues | 3 / 10 / 2005

Hai xa trece anos, Pontevedra incorporaba ao seu programa de festas do verán un tímido festival de jazz. Aos poucos, a iniciativa foi gañando adeptos e conseguiu converterse nunha das principais citas para os afeccionados a este xénero. Na busca de difundir dalgún xeito ao longo de todo o ano a presenza da música na cidade, nacía no ano 2001 o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Esta iniciativa, na que participan algúns dos máis destacados intérpretes do país, preséntase coma o posible xermolo dun centro profesional de ensino para esta música.

Unha ollada ao patio de butacas

Xénero: Clásica/Lírica | 26 / 9 / 2005

Ao longo do século XX a ópera e os concertos de música clásica constituíronse coma un fenómeno social de elites. A nobreza e a burguesía das grandes cidades acudían aos teatros ver o espectáculo tanto como para alternar, e facía destes lugares artísticos centros sociais de primeira orde onde se resolvían alianzas económicas, políticas e cuestións sentimentais. Na actualidade estes eventos musicais continúan a concentrar a atención de moita xente, tamén en Galicia. ¿Conservan tamén esa destacada función social?

En pé de gaita

Xénero: Folk | 13 / 7 / 2005

Os gaiteiros andan revoltos. Nos últimos tempos houbo unha forte disensión entre os grupos pontevedreses partidarios da estética e técnica instrumental escocesa cos defensores dunha vía máis tradicional. Chove sobre mollado, xa que hai 15 anos houbo unha liorta semellante cando se creou a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Aínda que hoxe a polémica está resolta, queda claro que existen dous modelos que conviven no noso país e que van por camiños distintos.

Gráfico: Compositores no repertorio das orquestras de Galicia

Xénero: Clásica/Lírica | 11 / 7 / 2005

Nesta edición do Festival de Música de Galicia, estreouse unha obra de Rogelio Groba (Pontevedra, 1930) composta para flauta, oboe, clarinete, fagot e cordas. Era unha estrea mundial que supuña ver interpretada unha obra puramente galega. Pero este non é un feito moi habitual no panorama musical. Pasen e escoiten.

Ópera prima

Xénero: Clásica/Lírica | 7 / 6 / 2005

“Inés e Bianca” é o título da primeira ópera galega. Pero a súa peculiaridade non vén só en que sexa a primeira, senón que conta a historia de personaxes galegos e usa material autóctono do folclore galego. Juan Durán e Margarita Viso rescataron o manuscrito orixinal do compositor coruñés Marcial del Adalid dos arquivos da Real Academia Galega (RAG), montaron un equipo para recuperar os catro fragmentos que faltaban e o IGAEM custeou a edición dunha ópera cargada de anécdotas.

Na base do hip hop

Xénero: Hip-Hop | 1 / 6 / 2005

A unión de vinte persoas de disciplinas coma a danza, a música e a pintura nun único grupo non é unha iniciativa que se vexa habitualmente na nosa cultura e ata pode semellar difícil encontrar un nexo que poida xuntalas todas. Un colectivo asi, sen embargo, existe. Leva o nome de Dios Ke Te Crew e atopa no hip hop o cemento que une todas estas artes.

Música dun tempo

Xénero: Clásica/Lírica | 9 / 5 / 2005

Se repasaramos a memoria musical do país apreciaremos que Galicia non tivo un Mozart nin un Beethoven, ou un Manuel de Falla. Pero hai moitos nomes que contribuíron a crear a historia musical do país e que teñen certa entidade e relevancia. Entre todos eles destaca o de Jesús Bal y Gay do que se cumpren cen anos do seu nacemento e que foi autor do “Cancioneiro Galego”. A súa é outra das historias que deixou o exilio galego e que cómpre non esquecer.

Érguense voces na raia

Xénero: Coral | 3 / 5 / 2005

Encontrar un disco no que participan quiñentos intérpretes non é sinxelo. Se ademais é un proxecto realizado desde centros de ensino de dous países veciños celebrando un patrimonio oral común estamos sen dúbida ante un proxecto único no mundo. Por se fose pouco, este proxecto desenvólvese aquí mesmo, entre o Sur de Galicia e o Norte de Portugal, a partir da iniciativa “Ponte... Nas Ondas”.

Disco con etiqueta

Xénero: Pop | 27 / 4 / 2005

¿Imaxinan un disco galego do ano? Pois moi pronto será unha realidade. Unha empresa, un compositor musical e nove mozos que acaban de editar o seu primeiro disco veñen de embarcarse nesta aventura. Unha iniciativa na que o público vota cal será o disco do ano. O resultado saberémolo o vindeiro día 20 de maio no transcurso dunha gala en Santa Cristina.

<< Inicio / Anterior . 21 a 30 de 68 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR