Noticias
A Xunta achega 160.000 euros para a temporada lírica da Coruña
Xénero:
| 14 / 5 / 2024O Consello da Xunta aprobou onte a sinatura do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Amigos de la Ópera da Coruña, a través do que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude contribuirá con 160.000 euros á organización da 72ª edición da temporada lírica da cidade herculina, 10.000 euros máis que o pasado ano. A achega económica da Xunta de Galicia a esta programación materializarase na posta en escena e nas actividades paralelas da ópera 'La Bohème', de Giacomo Puccini, que poderá verse a primeiros de setembro no Palacio da Ópera. Será un dos principais eixos da temporada lírica, que a organización está a preparar para 2024 e que, como en anos anteriores, ofrecerá numerosas citas musicais durante todo o outono.
A instantánea da música 2024: Unha colleita de rock
Xénero:
| 10 / 5 / 2024O Pop-Indie e, sobre todo, o rock, consolidan o seu predominio nas propostas musicais que se fan en Galicia, a supor un de cada tres proxectos en activo. As candidaturas dos XI Premios Martín Códax da Música amosan un panorama no que se perde variedade e no que destacan os crecementos dos xéneros de música de raíz e do Metal e Heavy.
Os do Fondo da Barra publican o seu primeiro disco "BâNZô"
Xénero:
| 7 / 5 / 2024Vencellados como cantareiros da Asociación Cultural Xacarandaina desde a súa creación, en 1993, Os do Fondo da Barra, dirixidos por Quique Peón divulgan a música tradicional galega cantada por homes, como herdeiros dos antigos orfeóns galegos de homes do mar e a terra . Tras todos estes anos levando a súa música en directo polos escenarios, xa fose acompañando ao grupo de baile como en solitario, Os do Fondo da Barra veñen de deixar rexistrado o seu primeiro disco "BâNZô" (Maré), que presentarán no Teatro Colón da Coruña o vindeiro 30 maio, xoves, pechando o ciclo Folk do recinto. Quince homes compoñen esta formación que ofrece cantos de taberna, cantos mariñeiros e cantos de acompañamento ao baile do repertorio tradicional. En "BâNZô", que xa está dispoñible en plataformas dixitais, presentan once destes temas populares dándolles un tratamento folk actual achegado ás novas correntes utilizando distintos instrumentos de percusión de man e outros como acordeón, gaita, saxofón, tamboril ou bombo con pratos turcos. Estes son temas recollidos por todo o territorio galego, coa pretensión de representar os cantares masculinos da arte inmaterial de Galicia. O espectáculo, dirixido artisticamente por Peón, pretende dar unha visión escénica contemporánea da cultura tradicional.
Emilio Cao, galardón honorífico nos Premios Martín Códax da Música 2024
Xénero:
| 6 / 5 / 2024O arpista Emilio Cao (Santiago de Compostela, 1953) recibirá o vindeiro 15 de maio en Pontevedra o galardón honorífico dos 11º Premios Martín Códax da Música. Recoñecido por recuperar a arpa celta para a música galega, instrumento esquecido desde o medievo, ao que se enfrontou de maneira autodidacta, Emilio Cao é unha das figuras da música do noso país que concitan un recoñecemento unánime desde que comezou a súa carreira musical nos primeiros anos setenta. Músicas ao Vivo (MAV), entidade promotora dos Premios Martín Códax da Música, quere render homenaxe a un artista pioneiro sen o que entenden que sería difícil entender o devir da música galega nas últimas décadas.
Grampoder dá a coñecer o seu Amuleto
Xénero:
| 29 / 4 / 2024Once anos despois da súa presentación, o dúo Grampoder, composto polos antigos membros de The Homens LeRoi e MartinWu, presenta neste 2024 o seu cuarto álbum. Os dez temas de Amuleto afondan na vaga de rock escuro con influencias indies do seu anterior traballo.
DEVALO refresca o pop co seu terceiro disco
Xénero:
| 26 / 4 / 2024DEVALO, ou o que é o mesmo David Miranda, ven de sacar un novo traballo longo, o terceiro do seu percorrido, "Azul vindeiro” (Ferror Records, 2024). A súa proposta de pop sen complexos, refresca o xénero sen renunciar a influencias e colocando o seu son no marco do indie de finais do século XX e principios do XXI, pero non por iso soando antigo, senón ao contrario como unha renovación enerxética e unha evolución natural por un camiño que xa non son moitos artistas os que o percorren sen complexos e acadando un produto de total actualidade. Na parte da composición e a gravación o artista admite unha intención de espir as cancións, en comparación cos anteriores discos nos que o son estaba composto a base de capas de arranxos superpostos de guitarras, sintetizadores e voces. Neste caso "Azul vindeiro" conta segundo Miranda cunha menor superposición de elementos: "A miúdo aparecen varias melodías levadas por distintos instrumentos que dialogan entre si, mais deixándose espazo en vez de formar capas de son.
O Teatro Colón acollerá o Concerto das Letras do Consello da Cultura
Xénero:
| 25 / 4 / 2024O Grupo Instrumental Siglo XX, a formación de música contemporánea máis antiga de Galicia, protagoniza baixo a dirección de Florian Vlashi a décimo cuarta edición do Concerto das Letras, co que o Consello da Cultura galega homenaxea cada ano as personalidades homenaxeadas polo Día das Letras Galegas. O Teatro Colón da Coruña albergará o vindeiro 16 de maio, a partir das 20.30 horas, esta actividade que evoca a faceta musical de Luísa Villalta cunha presenza destacada de violíns, instrumento da protagonista da celebración, e cunha selección dos seus compositores favoritos.
Abren as votacións para escoller os Premios Martín Códax da Música
Xénero:
| 25 / 4 / 2024As Bodegas Martín Códax, en Cambados, acollían na noite deste 24 de abril a festa de finalistas dos XI Premios Martín Códax da Música, que organiza a asociación Músicas ao Vivo. Na mesma déronse a coñecer os nomes dos 45 proxectos, tres por categoría, que aspiran a facerse cun galardón na gala que se celebra o vindeiro 15 de maio en Pontevedra.
O XVIIº Festival Pórtico do Paraíso ofrecerá concertos en Ourense, Castro Caldelas e Cea
Xénero:
| 19 / 4 / 2024O Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso celebrará a súa 17ª edición do 3 ao 12 de maio en diferentes espazos singulares dos concellos de Ourense, Castro Caldelas e Cea. Esta iniciativa, dedicada á difusión da música culta desde escenarios arquitectónicos patrimoniais, ofrecerá cinco concertos a cargo de formacións de Serbia, Francia e España, ademais do dúo integrado polo arpista galego Manuel Vilas e a mezzo-soprano polaca Paulina Ceremuzynska. O festival que leva o nome desta peza do catedral ourensá está organizado pola Asociación Pórtico Musical e conta co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial, pero non co do Concello de Ourense.
Os músicos galegos recollen cinco galardóns nos Premios da Música Independente estatais
Xénero:
| 18 / 4 / 2024Os Premios MIN da industria da música independente española chegaron a pasada noite ao remate da súa XVIª edición en Zaragoza e amosan, unha vez máis, o bo estado de calidade da escena musical galega actual e dos músicos xurdidos dela. O proxecto Baiuca do catoirán Alejandro Guillén foi o protagonista da noite grazas ao seu EP conxunto realizado coa artista de Elx (Valencia) Alba Reche. A súa colaboración de título 'Diamante / La mare' (Raso estudio), que fusiona electrónica e folclore galego fíxose cos premios 'Radio 3 á Canción do ano', 'Premio SAE Spain á Mellor Produción Musical' e o de 'Mellor Gravación Electrónica', un premio este derradeiro que Baiuca xa acadou no ano 2022 nos Premios Min grazas ao seu traballo 'Embruxo' (Raso estudio).