Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Grampoder dá a coñecer o seu Amuleto

A SALA SóNAR, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, ACOLLE A PRESENTACIóN DO NOVO áLBUM DO DúO

Grampoder dá a coñecer o seu Amuleto

INDIE | abril 29, 2024

amuleto_grampoder.jpg

Once anos despois da súa presentación, o dúo Grampoder, composto polos antigos membros de The Homens LeRoi e MartinWu, presenta neste 2024 o seu cuarto álbum. Os dez temas de Amuleto afondan na vaga de rock escuro con influencias indies do seu anterior traballo.

Percusións densas e un baixo potenciado da man de LeRoi combínanse coa distorsión das guitarras e a voz de Martin Wu nunha colección de cancións que manteñen o interese por temas coma "o tedio vital, a traizón de baixa intensidade aos principios propios, o doloroso paso do tempo e a posición do individuo fronte a un mundo que o impulsa a unha vida irracional e insatisfactoria", segundo salienta a presentación do traballo.

Gravado por Jacobo Iglesias e Adrián Longart nos Estudios Potemkin, o álbum ten este 3 de maio a súa presentación ao vivo cun concerto na compostela Sala Sónar a partir das 22 horas.