Noticias
A Deputación de Pontevedra integra música e memoria histórica en Acorda
Xénero:
| 17 / 9 / 2021"Poñer en valor lugares e feitos de memoria na provincia a través da músicEmilio Rúa e Silvia Penide, Ugia Pedreira e Marina Oural, Sheila Patricia, Eladio Santos, Tanxugueiras, Ezetaerre e mais Uxía e Su Garrido interpretan os diferentes temas sonoros do proxecto, que percorre os espazos da "antiga Escola Normal e o edificio da Deputación de Pontevedra; o cemiterio da Estrada; o pozo da Revolta, en Marín; a praia de Massó, en Cangas; a praia de Alcabre, en Vigo; a Volta dos Nove, en Baiona; a Volta da Moura, símbolo da resistencia do Baixo Miño; e a illa de San Simón", segundo explica a Deputación.
O festival Portamérica sae adiante en outubro nunha edición de reinvención
Xénero:
| 16 / 9 / 2021Cando en marzo a empresa Esmerarte Industrias Creativas anunciou a cancelación este ano da edición habitual do festival Portamérica de caldas, xa deixou tamén ver a súa intención de manter "unha posibilidade de esperanza" de presentar unha programación adaptada ás circunstancias con música, gastronomía e natureza, pasado o verán "se a evolución da pandemia é favorable". Agora esa posibilidade, coa quinta onda pandémica e un estado de vacinación maioritario, faise real co Portamérica Origen, unha reinvención do formato para celebrar a súa novena edición. O evento desprázase, non só en datas senón tamén lixeiramente (non moito) en localización. A Azucreira de Portas, xunto a Caldas, acollerá os vindeiros días 1 e 2 de outubro os concertos do festival. Esmerarte reúne de novo na súa localidade de orixe a gran parte dos artistas cos que traballa e convive desde os seus inicios, coma unha grande familia volvendo a unha casa, ademais de homenaxear a proxectos que maduraron ou foron reformulados.
Mulleres mirando ás mulleres homenaxea figuras femininas da cultura galega
Xénero:
| 14 / 9 / 2021Catro concertos comentados a homenaxear figuras da música, das artes e da literatura do país. Esta é a proposta do ciclo Mulleres mirando ás mulleres que se desenvolverá ao longo do mes de setembro en Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol da man da Consellería de Cultura. A compositora e pianista Julia Mª Dopico, a tamén pianista Isabel Pérez Dobarro, e mais as violinistas Raquel e Sara Areal Martínez protagonizan esta serie de recitais que renderán homenaxe a galegas insignes como Rosalía de Castro, Eugenia Osterberger, Fanny Garrido ou Maruxa Mallo, entre outras.
The Rapants gañan o concurso de bandas emerxentes Sonidos Mans Salas
Xénero:
| 14 / 9 / 2021A enerxía da banda muradana The Rapants fíxolles gañar o primeiro premio no concurso de bandas galegas emerxentes Sonidos Mans Salas, o certame organizado pola Fundación Paideia Galiza, a través de Estudios Mans, e coa colaboración da Deputación da Coruña. As actuacións finais dos concursantes durante o Festival de la Luz, levou a este resultado, no que a artista Catuxa Salom fíxose co segundo posto na valoración do xurado. A vitoria de The Rapants levaraos a gravar un EP e un videoclip en Estudios Mans e a presentar o seu traballo en directo nunha sala de recoñecido prestixio en Galicia. A artista Catuxa Salom, segunda clasificada, gravará tamén un tema e o seu videoclip en Estudios Mans. O xurado estivo formado por 3 programadores dalgunhas das salas de concertos máis recoñecidas do panorama galego: Noe Vázquez (A Arca da Noe), Miguel Lueiro (Sala Sónar) e Marcos Vázquez (Fábrica de Chocolate Club).
Ortiga marca o seu propio camiño cun novo disco
Xénero:
| 2 / 9 / 2021Manuel González "Chicho do Funk" xa ten novo disco. O representante máis auténtico da electrocumbia e o "TRAPicalismo" en Galicia ten desde hoxe nas plataformas Sabes el camino que elegí (Ernie Records) un álbum que reúne dez temas novos na súa liña e do que xa foi dando avances nos pasados meses con temas que ademais foi incorporando nos directos como "Nanana", "Helicóptero" ou ese "A veces", co que arranca este novo traballo chamado a facer bailar de moitas maneiras e conseguilo.
A importancia de picar música galega a debate
Xénero:
| 27 / 8 / 2021O xornalista e pica-discos Carlos Crespo presentou o "I Foro sobre o papel dos disc-jóckeys na difusión da música galega", unha iniciativa que xurde ao amparo do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo da Xunta. Na Alameda de Vilagarcía de Arousa reuniranse catro destacados nomes da nosa escena musical encabezados por Eme DJ; o músico, promotor e DJ Manuele Caamagno; o propio Carlos Crespo e a vilagarciá K DJ co xornalista musical Pepe Cunha, COMISARIO DA MOSTRA 'CantáMola en Galego' como moderador desa charla.
O WOS Festival presenta un formato reducido para a súa celebración
Xénero:
| 26 / 8 / 2021Un número reducido de entradas adaptado a cada un dos diferentes espazos será unha das características da Vª edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia que volve este ano a celebrarse en Santiago do 10 ao 12 de setembro. O programa conta con estreas internacionais de música e cine na súa liña multidisciplinar e de poñer o foco en talentos contemporáneos de vangarda aos que non resulta doado acceder nos circuítos máis comerciais. Nesta edición especial, a selección musical amosa unha ampla gama de proxectos ambient e minimalistas, ideais para a escoita e a experiencia nun formato sentado. A estadounidense Eartheater, o pianista ucraniano Lubomyr Melnyk e o keniano KMRU lideran a programación musical. No apartado audiovisual, as directoras Lisa Rovner e Caroline Catz presentarán as películas 'Sisters with Transistors' e 'Delia Derbyshire: The Myth and the Legendary Tapes'. Nesta edición, o programa de cine do festival pon en valor e visibiliza o papel transcendental dunha serie de mulleres na historia da creación contemporánea e a música de vangarda.
A Sala Karma reabre este sábado para os concertos
Xénero:
| 25 / 8 / 2021Tras 552 días pechados o emblemático local de Pontevedra Sala Karma volverá este sábado á actividade cultural que lle é propia: os concertos. O espazo situado na rúa Marqués de Riestra da capital provincial acollerá dúas bandas cos seus directos a partires das 22 horas: Thee Blind Crows e mascada. As condicións para esta volta á actividade tras máis de ano e medio pechados inclúen unha capacidade de público do 50 por cento (80 persoas) e ademais a obrigatoriedade da asistencia sentados e con máscara en todo momento, pero aínda así a volta á actividade é un fito que sabe a reinauguración. O responsable da sala, Marcos Rivas, declarou ao dixital Pontevedra Viva que o festival Surfing The Lerez, do que é organizador, non se levará xa a cabo este ano e terá que agardar ata o vindeiro 2022 para ver unha nova edición.
Os Premios Martín Códax recoñecen cun galardón os esforzos de salas e festivais
Xénero:
| 20 / 8 / 2021A organización dos Premios Martín Códax da Música, da Asociación Músicas ao Vivo, anunciou a posta en marcha da súa oitava edición. Esta nova convocatoria abre o vindeiro luns día 23 de agosto o período de inscrición de propostas para as 17 categorías musicais convocadas, a través das que se porá o foco nos 51 proxectos que pasen á fase final. A oitava edición dos Premios Martín Códax da Música outorgaralles un premio extraordinario ás salas e aos festivais galegos en apoio polas dificultades que atravesan por mor da situación sanitaria. Este galardón conxunto substituirá dúas das modalidades dos Premios Organistrum, que si volven convocarse no caso dos proxectos de comunicación musical. Tamén se manteñen respecto da edición de 2000 as 17 categorías musicais. En cada unha delas elixiranse tres propostas finalistas, das que sairán as gañadoras que se darán a coñecer na gala de entrega que terá lugar o 27 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. A principios de setembro pecharase o período de inscrición de proxectos, entre os que un xurado profesional seleccionará os finalistas. Xa nunha segunda quenda de votacións, serán os propios socios de Músicas ao Vivo os encargados de decidir os premiados desta oitava edición.
Faros para a música nos 'Concertos na fin do mundo'
Xénero:
| 19 / 8 / 2021Este venres o faro de Cabo Silleiro, en Baiona, será o escenario de comezo do ciclo 'Concertos na Fin do mundo', un proxecto que utiliza unha selección de faros da costa galega como elemento diferenciador e contexto para varias citas musicais. O ciclo conta coa colaboración da Fundación “la Caixa” no marco da programación do Xacobeo. O gaiteiro Anxo Lorenzo, Tanxugueiras, Dulce Pontes e Mikel Erentxun participan no cartel que terá como escenario os faros de Baiona, Muxía, Ribeira e Cervo. Xunto e eles actuará tamén a dj galega Russihha e grupos emerxentes do panorama musical galego. Os concertos serán o 21 e o 27 de agosto e o 3 e o 10 de setembro, para grupos reducidos que van de 100 as 250 persoas dependendo das características do faro e do nivel de ocupación dese escenario natural, tendo en conta os protocolos de seguridade e as normas sanitarias. A proposta, ademais, persegue valores de respecto coa contorna, de igualdade e de diversidade.