Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Faros para a música nos 'Concertos na fin do mundo'

CATRO ENCLAVES FAREIROS ACOLLERáN ESTE CICLO DE CONCERTOS DO XACOBEO

Faros para a música nos 'Concertos na fin do mundo'

MISCELáNEA | agosto 19, 2021

imaxe non dispoñible

Este venres o faro de Cabo Silleiro, en Baiona, será o escenario de comezo do ciclo 'Concertos na Fin do mundo', un proxecto que utiliza unha selección de faros da costa galega como elemento diferenciador e contexto para varias citas musicais. O ciclo conta coa colaboración da Fundación “la Caixa” no marco da programación do Xacobeo. O gaiteiro Anxo Lorenzo, Tanxugueiras, Dulce Pontes e Mikel Erentxun participan no cartel que terá como escenario os faros de Baiona, Muxía, Ribeira e Cervo. Xunto e eles actuará tamén a dj galega Russihha e grupos emerxentes do panorama musical galego. Os concertos serán o 21 e o 27 de agosto e o 3 e o 10 de setembro, para grupos reducidos que van de 100 as 250 persoas dependendo das características do faro e do nivel de ocupación dese escenario natural, tendo en conta os protocolos de seguridade e as normas sanitarias. A proposta, ademais, persegue valores de respecto coa contorna, de igualdade e de diversidade.