Noticias
A Coruña organiza o seu festival de primavera coa nova dirección do musicólogo Alberto Zedda
Xénero:
| 20 / 5 / 2003Mozart e a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG). A OSG e Mozart. O Festival Mozart arrincou esta fin de semana recuperando a ópera do mallorquino Antonio Literes, “Jupiter e Semele”, coa que amosa que o certame xa non só se centra na figura do compositor salzsburgués, senón tamén na de compositores e músicos que dalgún xeito tiveron relación con el ou simplemente foron influídos pola súa música.
A etnomusicóloga canadense Judith Cohen investiga aspectos inéditos da tradición musical galega desde os anos setenta
Xénero:
| 14 / 4 / 2003As cantigas medievais galegoportuguesas. Pegadas hebraicas na nosa música popular. O papel das mulleres na música tradicional galega. A colección de discos sobre España recompilados por Alan Lomax. A construcción dunha identidade colectiva a partir da música. Todos estes temas, e uns cantos máis, teñen un factor común. Trátase de Judith Cohen, unha etnomusicóloga canadense que nos últimos trinta anos analizou aspectos moi pouco coñecidos da nosa tradición melódica.
A colaboración entre unha suíza e un galego permitiu elaborar o "Cancioneiro Popular Galego", obra básica no estudio da nosa música tradicional
Xénero:
| 1 / 4 / 2003Hai vintecinco anos chegaba a Galicia de vacacións Dorothé Schubarth. Alguén lle falara da riqueza do noso folclore, sen esquecer referirlle a pobreza característica do noso país. A viaxeira era autora de destacados traballos sobre a música popular europea e, movida pola vocación, en chegando, comezou a buscar as escasas recompilacións que existían no noso país sobre o tema. Ante esa insuficiencia, non o dubidou e comezou un traballo de colleita que se iría ampliando e enleando ata dar lugar, seis anos máis tarde, á publicación do "Cancioneiro Popular Galego", a máis importante recompilación do noso folclore musical.
O estadounidense Alan Lomax realizou as primeiras gravacións de música tradicional galega a comezos dos anos cincuenta
Xénero:
| 19 / 3 / 2003No duro inverno de 1952 chegaba a Galicia unha estraña parella. El era Alan Lomax, un home de arredor de 37 anos, ela Jeanette Bell, a súa axudante, el estadounidense, ela inglesa. Levaban xa desde o mes de xuño percorrendo a Península ibérica armados cuns estraños e voluminosos aparellos electrónicos. Vixiados constantemente pola Garda civil enfrontábanse a malos camiños, hospedábanse en aldeas sen electricidade e sen auga e sufrían o frío. A súa intención non era espiar o réxime franquista. Viñan recoller cancións.
O Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, nacido en 1917, desenvolve unha intensa actividade cultural a comezos do século XXI
Xénero:
| 24 / 2 / 2003A comezos do século XX Ferrol vía nacer o Coro Toxos e Froles, unha formación que recollía e actualizaba pezas da nosa tradición musical. A día de hoxe o colectivo mantense asentado coma unha institución na cidade, e afronta o século XXI cun ímpeto anovado que inclúe a inauguración dunha nova sede e a recompilación da súa historia. Mentres, continúa as súas actividades de formación e de difusión da nosa música tradicional.
A empresa Falcatruada promove e asesora os grupos afeccionados do país mediante unha orixinal fórmula
Xénero:
| 3 / 2 / 2003A vida dos grupos musicais que comezan é difícil. Ó esforzo artístico que supón crear música súmanse os problemas materiais: Conseguir un local de ensaio, xestionar concertos, gravar e, aínda despois distribuír e promover o material. Vendo a complexidade do panorama naceu Falcatruada, unha empresa que ten no deseño, xestión e asesoramento dos grupos novato o seu campo de traballo.
Uxía Pedreira amosa, con Marful e con Eclectic Ensemble, novos xeitos de interpretar a tradición musical galega
Xénero:
| 23 / 1 / 2003A música tradicional galega non se reduce ás formas que se conservan invariables desde hai séculos. Ó longo do tempo no noso país foron entrando ritmos e instrumentos novos, que se adaptaron á nosa realidade. O grupo Marful, con Uxía Pedreira á cabeza, recupera agora os sons das vilas galegas dos anos trinta e corenta e actualízaos nun cóctel que dá moita importancia ás letras e á voz. É música dunha raíz diferente.
Sinsalaudio prepara en breve un selo discográfico SOSOaudio para editar música “horizontal e vertical”
Xénero:
| 16 / 1 / 2003Hai quen pensa que o panorama musical en Galicia é folk, e o que non é folk é música tradicional pero equivócanse. Desde Vigo chegan ondas de tendencias techno, house, electro, drum and bass, dub, pop dixital, avant rock xunto con algo de ruidismo, música experimental e arte sonora. Todo un mundo novo, por descubrir que leva a etiqueta “Sinsalaudio”. Descóbreos.
A Banda de Música Unión Musical de Valladares cumpre cen anos de vida
Xénero:
| 26 / 12 / 2002Naceron antes de que afundira o Titanic, de que se declarasen a primeira e a segunda guerra mundial, e por suposto, viviron unha guerra, a dictadura, unha república e a democracia. E sempre poñéndolle musica. Son a Unión Musical de Valladares que este ano cumpren un centenario ó servicio da música.
O produtor musical e integrante de Mutenrohi Juan Carlos Fasero presenta o seu primeiro disco en solitario
Xénero:
| 15 / 1 / 2002Juan Carlos Fernández Fasero é unha desas figuras ó redor das que xiran moitas das producións máis coñecidas do panorama musical galego, de feito xa tivo tres candidaturas aos Premios da Música que organizan a SGAE e a AIE. Por outra banda foi o produtor do traballo "Tolemia" de Cristina Pato, así como de Mutenrohi. Este músico, produtor e compositor presenta agora un traballo en solitario "Mar de Mares" (Zouma Records, 2001). Fasero amosa a súa capacidade de interpretación coa guitarra, mesturando o pop coa música celta e a chamada world music. O son que destila Mar de Mares amosa claramente as influencias de guitarristas míticos neste compositor como Mike Oldfield ou Carlos Santana, O músico fai con estes 10 temas un percorrido dende aqueles que nunca se atreveu a gravar ás propostas máis modernas e avanzadas dentro da world music. Como case sempre, os discos en solitario están cheos de colaboracións. No caso de "Mar de Mares" a Fasero o acompañan, ademais dos seus compañeiros do grupo Mutenrohi, Cristina Pato, nas gaitas, as cálidas voces de Laura Arbiol e Cristina Barriga, os violíns de Ricardo Mourente, e tamén os teclados de Juan de Dios. O disco foi gravado case integramente na "Casa de Tolos" por Segundo Grandío, e a produción artística correu a cargo do propio Fasero e de Grandío.