Ir ao contido directamente.


Noticias

Os Premios da Industria Musical xa teñen finalistas

Xénero: Miscelánea | 21 / 10 / 2025

imaxe non dispoñible

A primeira edición dos Premios da Industria Musical de Galicia ca ten finalistas. Estes galardóns de nova creación promovidos desde a Asociación Galega de Empresas Musicais, AGEM recoñecerán ata un total de 17 categorías, moitas delas de cariz técnico ademais de outras artísticas, dentro do complexo mundo da profesión musical. Un xurado profesional integrado Anxela Baltar, música, produtora e comunicadora; Cecilia Carballido, produtora cultural; María Baqueiro, consultora de sustentabilidade; Noel Miguélez, divulgador musical; os xornalistas musicais Tito Lesende e Javier Becerra; e Fundación Paideia seleccionou un total de 42 proxectos finalistas, 3 por cada unha das 14 categorías xerais contempladas nos premios.

Baldomero Iglesias lanza o primeiro volume do Catálogo do Cantar de Cego Galego

Xénero: Folk | 21 / 10 / 2025

imaxe non dispoñible

Unha serie de ensaios a definir a figura das cegas e cegos cantores e unha proposta de catalogación dos xéneros que interpretaban. Esta é a proposta que realiza Baldomero Iglesias Mero no primeiro volume do seu Catálogo do Cantar de Cego Galego. A obra que se presenta no Museo do Pobo Galego ás 19 horas deste 21 de outubro é a primeira dun ambicioso proxecto que pretende recoller, catalogar e difundir este patrimonio.

Mariña Pérez impúxose no Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza en galego

Xénero: Miscelánea | 20 / 10 / 2025

imaxe non dispoñible

A Asociación Évame Oroza daba a coñecer este 17 de outubro o fallo do segundo Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza. Mariña Pérez impúxose na categoría en galego do galardón, mentres que Ángela Álvarez foi a gañadora da convocatoria para obras en castelán. Cada unha delas levará un premio de 6.000 euros en metálico e mais unha figura de Oroza realizada pola artista Cuqui Piñeiro.

Loita Amada volve reivindicando que 'Resistir é vencer'

Xénero: Rock | 17 / 10 / 2025

loitamada_resistir.jpg

Coa frase 'Resistir é vencer', atribuída ao socialista e presidente na segunda república Juan Negrín, titulan o seu novo traballo longo a formación Loita Amada. Este é o terceiro álbum da banda estradense liderada por Jásper (ex-NAO) e chega dous anos despois do anterior 'Rematou o simulacro' (Loita Amada Records, 2023). Cunha pompa de xabón na portada a banda simboliza unha situación actual na que "medio mundo está en guerra mentres a outra metade mira para outro lado", din. Mantendo a súa actitude reivindicativa e de loita social, que inunda letras e melodías nos once cortes deste disco, a banda non dubida en ir directa a temas de controversia actual con nomes propios obxecto das súas críticas.

A Universidade de Santiago e aCentral Folque homenaxean a Emilio Cao

Xénero: Folk | 15 / 10 / 2025

imaxe non dispoñible

O Paraninfo da Universidade de Santiago (USC) acolle ás 19 horas deste 15 de outubro a homenaxe Do vello Sinbad ao cantor da arpa. A institución académica, en colaboración con aCentral Folque artellan esta homenaxe ao músico Emilio Cao, pioneiro da arpa celta en Galicia falecido o pasado mes de maio.

Os vellos cegos de hoxe

Xénero: Folk | 10 / 10 / 2025

imaxe non dispoñible

A figura do cego ambulante, a cantar romances polas feiras acompañado da zanfona, semella propia do pasado. Non entanto, unhas poucas persoas apostan por manter vivo este formato da tradición escénica e musical do noso país. Desde hai máis de vinte anos, moitos destes "cegos" modernos atópanse no casco histórico de Lugo con ocasión das festas do San Froilán.

A Deputación da Coruña reparte 1,4 millóns de euros entre 60 festivais

Xénero: Miscelánea | 8 / 10 / 2025

imaxe non dispoñible

Un total de sesenta festivais dedicados a diferentes artes reparten as subvencións que a Deputación da Coruña achega para realizar este tipo de eventos no territorio provincial. O Boletín Oficial da Provincia deste 6 de outubro recollía a resolución definitiva desta convocatoria, que distribuíu un total de 1.400.419 euros entre todas as propostas seleccionadas.

Lontras debutan co longo 'Caras no lume'

Xénero: Indie | 26 / 9 / 2025

Lontras_carasnolume.jpg

O trío vigués Lontras, formado por Juan Arca (voces, guitarras e outros instrumentos), Zalo Rodríguez (sintetizadores), e Sunil López (piano) debuta coa publicación deste disco 'Caras no lume' (Raso, 2025), que xa está dispoñible en plataformas dixitais. A través dos seus nove temas, moitos deles xa avanzados previamente, o trío móvese desde un marcado son indie-folk, con trazos de psicodelia e abrazando en varios deles as achegas electrónicas dos sintetizadores, mentres que noutros mantense no máis absoluto son acústico e intimista. As letras de Juan Arca, todas en galego, amosan unha intención autoral moi personalizada tamén á súa voz. Arca asina letra e música en todas as cancións, agás en 'Cinco fiestras' onde adapta un poema de Álvaro Cunqueiro. O disco gravouse nos estudios Garaxeland con produción a cargo de Juan Arca e Zalo Rodríguez. Para a gravación de outros instrumentos o trío contou con Rubén Iglesias (baixo); María Jorge (violín) e Clara Virseda (violonchelo).

O Ciclo Tándem pon en diálogo propostas musicais no Teatro Colón

Xénero: Miscelánea | 25 / 9 / 2025

imaxe non dispoñible

Grande Amore xunto a Verde Pato; Caamaño&Ameixeiras e Sús; Nacho-Faia-Lar e Rita Payés, e Emilio José xunto a Suelen Estar Quartet compoñen o programa da primeira edición do Ciclo Tándem. O Teatro Colón da Coruña acolle ao longo das fins de semana de outubro esta nova proposta coa que a Deputación da Coruña quere promover "un diálogo entre a nosa tradición e outras linguas e sensibilidades, coa raíz galega como punto de partida".

Escoitar a Rosalía

Xénero: Miscelánea | 19 / 9 / 2025

imaxe non dispoñible

A adaptación musical do poema Negra Sombra de Rosalía de Castro realizada por Xoán Montes é a canción máis versionada e gravada da música galega. Canda a ela, as adaptacións da poeta de Padrón mantéñense no cumio dos temas máis gravados na nosa historia musical. Un estudo de Xaime Estévez pon de relevo a importancia desta obra literaria nos máis diversos xéneros do noso panorama sonoro.

. 1 a 10 de 3568 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR