Noticias
O Consello da Cultura Galega presenta o estudo máis completo sobre Curros ao editar as actas do congreso celebrado en Celanova
Xénero:
| 14 / 9 / 2004A vida e obra de Curros Enríquez (Celanova, 1851- A Habana, 1908) fai parte do noso universo literario. De sobras é ben coñecido a súa poética, as súas crónicas xornalísticas como correspondente de guerra, talvez menos sonada é a súa relación formal co protestantismo e coa masonaría. Mais hai unha amizade pouco comentada na súa biografía, a que mantivo con Chané (José Castro González), que deu lugar ao inicio da coñecida como canción galega. Isto e moito máis está nun volume dobre que o Consello da Cultura Galega presenta hoxe en Celanova.
A emblemática formación cumpre vintecinco anos espallando a música galega
Xénero:
| 9 / 8 / 2004Un milladoiro é un monte de pedras pequenas amoreadas pouco a pouco polos peregrinos ou romeiros que se dirixen a un lugar de culto relixioso. Pero en Galicia hai outro Milladoiro, con maiúsculas, que leva anos espallando a música galega por todo o mundo. Con varios discos e numerosos premios, Milladoiro é máis que un grupo musical, soporta nas súas costas ser considerado unha icona da cultura galega.
As orquestras populares confórmanse como un dos sectores economicamente máis activos da cultura do país
Xénero:
| 29 / 7 / 2004Todos as coñecemos. Son habituais en todas as festas que inzan Galicia, especialmente nos meses de verán. As orquestras que percorren o país de aldea en aldea mesturando os éxitos de sempre coas cancións do verán e mobilizando centos de persoas e movendo un negocio millonario. Sen embargo, o sector adoece dunha atomización que algunhas iniciativas tentan remediar.
Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música
Xénero:
| 19 / 7 / 2004Xa foron aló os Concertos do Novo Milenios que supuñan o prato forte da programación musical do Xacobeo en Compostela. En xeral a organización e os medios de comunicación coinciden en sinalar o éxito desta iniciativa, que trouxo a Galicia algunhas das máis destacadas estrelas da música internacional. Queda no ar a dúbida sobre se hai posibilidades de o repetir nos vindeiros anos.
Ouvirmos cumpre un ano coma a primeira empresa dedicada á recuperación do noso patrimonio musical
Xénero:
| 14 / 7 / 2004Estamos afeitos a ver o traballo de recuperación do noso patrimonio musical e sonoro coma un labor que se desenvolve exclusivamente grazas ao traballo voluntario de afeccionados ou á iniciativa de institucións públicas. Sen embargo, existen outros xeitos de encarar este tipo de traballo, e para demostralo nacía, hai agora un ano, a empresa Ouvirmos, especializada na recuperación e a difusión da música tradicional.
A cervexa Estrella Galicia é unha das marcas comerciais que patrocina máis actividades culturais no noso país
Xénero:
| 21 / 6 / 2004O negocio non pelexa necesariamente coa actividade cultural. A procura do consumidor que realizan moitas marcas a miúdo dá na organización e no patrocinio de concertos, certames, exposicións ou outras actividades. A ausencia de grandes empresas cunha proxección mediática forte no noso país fai que o fenómeno non sexa habitual, mais unha luz brilla con forza neste panorama: Estrella Galicia.
O Conservatorio de Música Tradicional de Vigo presenta a primeira orquestra folk de Galicia
Xénero:
| 3 / 6 / 2004Cando se xunta a parte académica coa musical xorden cousas como "Son de seu". É a primeira orquestra folk de Galicia que recupera músicas tradicionais, actualizadas e arranxadas que contan cun timbre peculiar. Profesores e alumnos do Conservatorio de Música Tradicional traballan xuntos neste proxecto. Pasen e escoiten.
A Orquestra de Cámara Galega traballa nun proxecto de recuperación de compositores galegos
Xénero:
| 1 / 6 / 2004Son músicos con estirpe. A Orquestra de Cámara Galega (OCG) presume de terra, pero non polo feito de que todos os seus compoñentes traballen e vivan aquí, senón porque desde que fundaron esta formación hai nove anos recuperan a música de autores galegos contemporáneos.
A gaiteira máis internacional de Galicia presenta o seu terceiro disco "Mares de Tempo"
Xénero:
| 26 / 5 / 2004A pesar da súa evidente mocidade, Susana Seivane é xa unha experimentada gaiteira. Desde a súa primeira actuación pública aos catro anos até a presentación do seu último disco "Mares de tempo", este último mes de abril, foron moitas notas as que saíron do seu punteiro, unhas notas que a levaron a ser unha pioneira en desenvolver unha carreira musical a partir da gaita ao tempo que é unha das intérpretes máis valoradas do país.
Arranca na Coruña o Festival Mozart, a cita operística máis importante do noroeste peninsular
Xénero:
| 19 / 5 / 2004O Pazo da Ópera abrirá mañá (21:00 horas) o telón para interpretar a "Missa Solemnis" de Beethoven. Con ela arranca o Festival Mozart, a cita musical do ano que desde hai sete temporadas celebra a cidade da Coruña. A partir de aí chegan dous meses de concertos e óperas que gravitan sobre dous eixes: "o xogo do amor" (cuxas citas serán sempre no Pazo da Ópera) e "o espertar do xenio" (programados no teatro Rosalía). Jazz, cine e arte completan un programa que redunda na figura do compositor salzburgués.