Ir ao contido directamente.


Noticias

A aparición de novas revistas revoluciona o campo da información musical en Galicia

Xénero: Folk | 12 / 1 / 2005

imaxe non dispoñible

Esta mesma noite, un concerto servirá de presentación para a última revista de actualidade musical que se presenta no noso país. "Distrito Son" nace coa intención de abordar todo tipo de estilos musicais. Esta proposta súmase á revista gratuíta "Folkus", especializada en Folk, e que se presentaba o pasado mes de novembro. Logo de anos de seca neste campo, a música pódese ir lendo en Galicia.

Berrogüetto presenta en Compostela o seu vindeiro traballo, “DeSolaSons”

Xénero: Folk | 20 / 12 / 2004

not_5464.jpg

Música gravada con enerxía solar nas Illas Cíes para servir como banda sonora a un documental, onda novos temas integran o novo traballo de Berrogüetto. O disco, titulado “DeSolaSons”, preséntase o vindeiro día 22 en Compostela cun concerto enmarcardo no ciclo “Sons da diversidade”, no que o grupo contará co apoio sonoro da orquestra catalá Ségle XXI. Os compoñentes de Berrogüetto agardan que o CD estea nas tendas ao longo do ano 2005.

Máis información en La Voz de Galicia; en La Opinión e no web de Sons da Diversidade

A Asociación Cultural Conversas leva a tradición oral a soporte dixital coma parte dun proxecto educativo

Xénero: Miscelánea | 6 / 10 / 2004

imaxe non dispoñible

A recollida de tradición oral é unha actividade na que participan diferentes colectivos e persoas do noso país. A asociación cultural Conversas tamén o fai, coa peculiaridade de que teren sido pioneiros en introducir este tipo de contidos en Internet e en empregar o formato dixital para os arquivar e distribuír. Ademais, a asociación desenvolve esta actividade como parte do proxecto educativo do Instituto de Ensino Secundario Urbano Lugrís da Coruña, sendo os propios alumnos os que se fan cargo da elaboración destes materiais.

O museo de Belas Artes da Coruña acolle un ciclo de concertos de compositores galegos

Xénero: Clásica/Lírica | 28 / 9 / 2004

imaxe non dispoñible

Até o vindeiro tres de outubro, os domingos do museo de Belas Artes da Coruña están dedicados á música galega. Máis exactamente ás composicións feitas aquí e que habitualmente non entran no repertorio das grandes formacións orquestrais. Son os ciclos de concertos que desde hai doce anos promove a Asociación Galega de Compositores.

O Consello da Cultura Galega presenta o estudo máis completo sobre Curros ao editar as actas do congreso celebrado en Celanova

Xénero: Clásica/Lírica | 14 / 9 / 2004

imaxe non dispoñible

A vida e obra de Curros Enríquez (Celanova, 1851- A Habana, 1908) fai parte do noso universo literario. De sobras é ben coñecido a súa poética, as súas crónicas xornalísticas como correspondente de guerra, talvez menos sonada é a súa relación formal co protestantismo e coa masonaría. Mais hai unha amizade pouco comentada na súa biografía, a que mantivo con Chané (José Castro González), que deu lugar ao inicio da coñecida como canción galega. Isto e moito máis está nun volume dobre que o Consello da Cultura Galega presenta hoxe en Celanova.

A emblemática formación cumpre vintecinco anos espallando a música galega

Xénero: Folk | 9 / 8 / 2004

imaxe non dispoñible

Un milladoiro é un monte de pedras pequenas amoreadas pouco a pouco polos peregrinos ou romeiros que se dirixen a un lugar de culto relixioso. Pero en Galicia hai outro Milladoiro, con maiúsculas, que leva anos espallando a música galega por todo o mundo. Con varios discos e numerosos premios, Milladoiro é máis que un grupo musical, soporta nas súas costas ser considerado unha icona da cultura galega.

As orquestras populares confórmanse como un dos sectores economicamente máis activos da cultura do país

Xénero: Folk | 29 / 7 / 2004

imaxe non dispoñible

Todos as coñecemos. Son habituais en todas as festas que inzan Galicia, especialmente nos meses de verán. As orquestras que percorren o país de aldea en aldea mesturando os éxitos de sempre coas cancións do verán e mobilizando centos de persoas e movendo un negocio millonario. Sen embargo, o sector adoece dunha atomización que algunhas iniciativas tentan remediar.

Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música

Xénero: Rock | 19 / 7 / 2004

imaxe non dispoñible

Xa foron aló os Concertos do Novo Milenios que supuñan o prato forte da programación musical do Xacobeo en Compostela. En xeral a organización e os medios de comunicación coinciden en sinalar o éxito desta iniciativa, que trouxo a Galicia algunhas das máis destacadas estrelas da música internacional. Queda no ar a dúbida sobre se hai posibilidades de o repetir nos vindeiros anos.

Ouvirmos cumpre un ano coma a primeira empresa dedicada á recuperación do noso patrimonio musical

Xénero: Miscelánea | 14 / 7 / 2004

imaxe non dispoñible

Estamos afeitos a ver o traballo de recuperación do noso patrimonio musical e sonoro coma un labor que se desenvolve exclusivamente grazas ao traballo voluntario de afeccionados ou á iniciativa de institucións públicas. Sen embargo, existen outros xeitos de encarar este tipo de traballo, e para demostralo nacía, hai agora un ano, a empresa Ouvirmos, especializada na recuperación e a difusión da música tradicional.

A cervexa Estrella Galicia é unha das marcas comerciais que patrocina máis actividades culturais no noso país

Xénero: Miscelánea | 21 / 6 / 2004

imaxe non dispoñible

O negocio non pelexa necesariamente coa actividade cultural. A procura do consumidor que realizan moitas marcas a miúdo dá na organización e no patrocinio de concertos, certames, exposicións ou outras actividades. A ausencia de grandes empresas cunha proxección mediática forte no noso país fai que o fenómeno non sexa habitual, mais unha luz brilla con forza neste panorama: Estrella Galicia.

<< Inicio / Anterior . 3371 a 3380 de 3425 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR