Ir ao contido directamente.


Noticias

Paolo Pinamonti substitúe a Cristina Vázquez na dirección do Festival Mozart

Xénero: Clásica/Lírica | 31 / 1 / 2007

imaxe non dispoñible

Chegado de dirixir o Teatro San Carlos de Lisboa, o italiano Paolo Pinamonti presentábase onte na Coruña como novo responsable do Festival Mozart. O novo director do evento prevé iniciar o vindeiro ano unha etapa que se desenvolverá ata 2010. Polo momento anunciouse que para a vindeira edición non se representará o anunciado "Falstaff" de Verdi e que "O holandés errante" poderá verse posiblemente como concerto. En xeral, a programación, que se coñecerá en abril, incidirá nos 15 anos da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Máis información en La Voz de Galicia sobre o novo director; sobre a dimisión de Cristina Vázquez; en El Correo Gallego e nos nosos arquivos

Ouvirmos permitirá a descarga de discos ao teléfono móbil

Xénero: Folk | 31 / 1 / 2007

imaxe non dispoñible

A se adaptar aos novos tempos da industria discográfica, o selo Ouvirmos acaba de anunciar que o seu catálogo estará dispoñible para a descarga en teléfonos móbiles. Por un prezo entre 60 céntimos e 1,20 euros, os interesados poderán ter no seu aparello os temas do selo, cuxo pago se incluirá na factura telefónica habitual.

Máis información en La Voz de Galicia

Ao carón do éxito de "Nordestin@s" os membros deste grupo manteñen propostas musicais paralelas de grande aceptación

Xénero: Fusión | 31 / 1 / 2007

imaxe non dispoñible

Sen dúbida este Nadal houbo un nome que brillou con forza nos mercados discográficos do país. "Nordestin@s", o disco que reúne a Abe Rábade, Ugia Pedreira e Guadi Galego entraba entre os cen máis vendidos do Estado, con setecentos exemplares semanais. No entanto, os músicos que participan neste disco manteñen proxectos paralelos que, con menos sona, acadan tamén respectables cifras. ¿Por qué non son tamén nova?

Un concerto en Lugo lembra os corenta anos da Nova Canción Galega

Xénero: Cantautor | 29 / 1 / 2007

imaxe non dispoñible

Nova Canción Galega, o movemento musical organizado en Lugo en 1968 por Alonso Montero cumpría esta fin de semana corenta anos. E fíxoo do mesmo xeito que cando comezou, cun concerto na antiga Escola de Comercio, malia que esta vez sen a prohibición da policía. Os músicos de “Voces Ceibes”, “Fuxan os Ventos” ou “A Quenlla” recordaron cos seus concertos os corenta anos de vida da canción galega, o movemento en prol da dignificación da lingua como vehículo musical.

Máis información en El País

Preséntase o I Festival e Academia de Música de Cámara, que achegará trinta e nove concertos ao país

Xénero: Clásica/Lírica | 25 / 1 / 2007

imaxe non dispoñible

Cameralia 07 é o nome o I Festival de Música de Cámara de Galicia que presentaba esta mañá a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, na Escola de Altos Estudos Musicais, en Compostela. O evento, que se desenvolverá o vindeiro mes de xullo, achegará 39 concertos a dez cidades e vilas do país. Ademais, o festival inclúe unha academia, na que se impartirán 182 clases de música coas que se quere formar intérpretes neste tipo de obras. Para comezar, mañá ás nove da noite un concerto de José Luís Estelles (director artístico do evento) co Cuarteto Casals, servirá para presentar o festival no Auditorio de Galicia.

Máis información no web da Consellaría

Telémaco saca novo disco e a polaca Paulina Ceremuzynska presenta un sobre as cantigas de amigo

Xénero: Electrónica | 24 / 1 / 2007

not_11029.jpg

Despois do anuncio das liñas de axuda e as novas directrices da consellaría de Cultura para a música, o sector segue dando que falar. Dunha banda, porque o dúo lucense Telémaco presentará “Terra”, o seu quinto disco que seguirá na liña da música electrónica. Da outra, a cantante polaca Paulina Ceremuzynska recupera 16 cantigas de amigos de outo poetas medievais galaico-portugueses. “E moiro-me d´amor. Cantigas de desexo e soidade” e o título do seu último traballo gravado pola Radio Galega e editado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Máis información sobre do disco de Ceremuzynska El País

Cultura inicia unha política musical baseada en fórmulas que se aplican noutras industrias culturais

Xénero: Miscelánea | 22 / 1 / 2007

imaxe non dispoñible

“Riqueza e potenciación da música galega” con estas palabras a Conselleira de Cultura fixou os obxectivos que definirán as actuacións da súa consellaría en materia de música. A nova política musical ten unha imaxe de marca “Galiciantunes” que se presentará nos futuros festivais musicais de todo o mundo. Inaugúrase así unha fórmula de axudas e subvencións semellantes as que aplican noutras industrias culturais.

O grupo de jazz Carlos López Quartet presenta o seu primeiro disco, que se distribuirá por Internet

Xénero: Jazz/Blues | 17 / 1 / 2007

not_9240.jpg

Logo de gañar o Certame Concerto Autor Jazz Galicia, Carlos López presentaba onte o primeiro traballo do cuarteto que encabeza e leva o seu nome. "CLQ", que así se chama o disco, darase a coñecer cunha xira polo país que continuará, ao longo do verán por diferentes localidades do estado. O disco distribuirase por Internet, no web cdbaby.com e mais na tenda virtual iTunes.

Máis información en Galicia Hoxe, o disco en CD Baby e nos nosos arquivos

Os estudios de gravación galegos sobreviven expostos ás mudanzas do mercado e á influencia crecente das novas tecnoloxías

Xénero: Miscelánea | 16 / 1 / 2007

imaxe non dispoñible

Son un dos piares da industria musical. As cociñas onde se depura, prepara, mellora e matiza o son dos artistas. Os estudos de gravación galegos sostéñense no noso pequeno mercado nun momento en que as novas tecnoloxías ameazan con mudar irremisiblemente todo o sector. E buscan estratexias para tirar adiante.

Falece Cesáreo Rodríguez, considerado o grande mestre da gaita da diáspora galega

Xénero: Folk | 10 / 1 / 2007

imaxe non dispoñible

O camposanto da Chacarita, en Bos Aires, celebraba onte o funeral de Cesáreo Sánchez, que faleceu o pasado luns aos oitenta e catro anos de idade. Sánchez estaba considerado coma o grande mestre de gaita da diáspora galega, e ata o momento da súa morte impartía clases semanais de gaita. Ao longo da súa vida fundou e colaborou con diferentes agrupacións musicais na emigración.

Máis información en La Voz de Galicia; biografía do músico en galiciaconvos.com

<< Inicio / Anterior . 3201 a 3210 de 3425 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR