Noticias
Unha formación lucense fixo a primeira gravación do himno galego
Xénero:
| 1 / 2 / 2008O 20 de decembro de 1907 tiña lugar no Gran Teatro de La Habana a primeira interpretación pública e solemne do Himno galego. Pero a primeira gravación desa partitura tivo lugar moito despois, en 1918. Así o afirma a casa discográfica Ouvirmos, que asegura que foi o coro “Cantigas e Aturuxos” de Lugo quen fixo o primeiro rexistro e non “Cantigas da terra” da Coruña, considerada ata o de agora como pioneira.
As discográficas galegas voltan do Midem con acordos comerciais
Xénero:
| 1 / 2 / 2008Zouma Récords, a Fábrica de Chocolate e Falcatruada voltaron con acordos do Mercado Internacional do Disco e da Edición Musical (Midem) que pechou onte en Cannes. Deste xeito, Zouma conseguiu un distribuidor do seu catálogo para Francia e acordou traballos de xestión e dirección neste mesmo país e no Reino Unido. Pola súa banda, La fábrica de Chocolate sentou as bases dunha estrutura ibérica e latinoamericana para a promoción dos seus artistas e a distribución do seu catálogo. Finalmente, Falcatruada realizou contactos para a distribución dixital do seu repertorio. En xeral, os participantes amosáronse contentos dos resultados que obtiveron neste encontro.
Sinsal repite a súa programación no Salón Teatro achegando a música máis vangardista
Xénero: VIDEO
| 30 / 1 / 2008 +As propostas menos coñecidas, pero máis arriscadas e innovadoras do panorama musical volven ter cabida no Salón Teatro de Santiago. É grazas á colaboración que este espazo xestionado polo Centro Dramático Galego e o colectivo Sinsal desenvolven co nome “Extensión Salón Teatro”. Matt Valentine & Erike Elder with The Golden Road e os galegos Igloo (31 de xaneiro), Michael Gira e (r) (23 de febreiro) e Baby Dee e O Fillo Pausado (8 de marzo) compoñen o cartel desta edición.
A Fundación Barrié presenta a edición crítica do “Cancioneiro musical de Galicia”
Xénero:
| 30 / 1 / 2008“O cancioneiro musical de Galicia”, de Casto Sampedro, unhas das principais escolmas que sobre a nosa música tradicional se fixo no século XX, xa ten edición crítica. A Fundación Barrié acaba de publicar unha revisión deste importante volume dentro do seu proxecto “Cancioneiros”, no que está a recuperar distintas obras deste tipo. A nova obra recolle máis 500 composicións populares coas súas correspondentes partituras.
O Concello de Lalín busca un novo equipo para as clases do conservatorio folk
Xénero:
| 30 / 1 / 2008O actual proxecto do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín remata. O Padroado de Cultura deste concello acordaba onte rexeitar a última oferta que o actual equipo docente, dirixido por Ugia Pedreira, lle realizara. O padroado considera que as condicións económicas presentadas non son asumibles e comezará a contratación de novos profesores para garantir o ensino de música tradicional na vila, nun novo conservatorio que dependerá directamente deste organismo.
O Parlamento desprázase a Ourense para un recital musical
Xénero:
| 29 / 1 / 2008O Parlamento de Galicia organiza un ciclo musical titulado "Convivir, convivencias" que se organizará nas principais cidades e que se inicia mañá, mércores, no Teatro Principal de Ourense, cun concerto da soprano Laura Alonso. O ciclo está organizado por Cristina Pato. Todos os diputados desprazaranse ata Ourense para asistir ao recital.
Máis información en La Voz de Galicia
Nace en Ourense a Federación Galega de Folclore
Xénero:
| 28 / 1 / 2008Doce grupos de todo o país botaron a andar sábado en Ourense a Federación Galega de Folclore. Este colectivo, que tivo a súa xuntanza fundacional no Edificio Simeón da Cidade das Burgas, quere “ser un punto de unión das distintas formas de ver o folclore” e agarda programar tres asembleas anuais. José Antonio Viñas, da agrupación Queixumes dos Pinos foi elixido presidente neste primeiro encontro.
Máis información en La Región
Un certame na rede permitiralle a un grupo galego gravar disco
Xénero:
| 25 / 1 / 2008Unha coñecida marca de whisky, acaba de pór a andar o certame 100 Pipers Music con Noel Feáns, Nonito Pereira e Julián Hernández como xurado. No web deste evento, os internautas poderán votar as maquetas que prefiran. Os doce grupos máis votados actuarán en directo e deles escolleranse catro máis dos que sairá o gañador, que poderá gravar un disco como premio.
Máis información no web do certame, outro certame semellante, Coruña Son nos nosos arquivos
The Blows presentan o seu primeiro disco ante a expectación da prensa musical
Xénero: VIDEO + IMAXES
| 23 / 1 / 2008 +Entran no mercado discográfico coa etiqueta de grupo revelación despois de apenas dous anos de existencia e a participación, sen disco, en festivais coma o Paredes de Coura, Contempopranea, Festimad e Cáceres Pop Art. Os vigueses The Blows presentan esta semana o seu disco “Upskirts” (Pupilo Records), con once temas cantados en inglés, dos que dous xa estaban na súa maqueta “05.00 AM” autoeditada no 2006. O disco do cuarteto vigués ven a confirmar, segundo a súa discográfica, “unha escena rock, post-punk e new wave en Vigo que recupera o espírito daquela outra movida paralela nos oitenta”. Numerosos medios electrónicos e escritos xa se fan eco deste lanzamento augurándolle un gran éxito ao disco. The Blows está formado por Roy Basanta, voz e guitarra; Bruno Mosquera, guitarra; Alex Lago, baixo e Alex Penido á batería. “Upskirts” está a venda desde o 22 de xaneiro e o grupo o presentará en La Iguana Club de Vigo este sábado 26 de xaneiro.
Máis información en Pupilo Records
Concerto de homenaxe aos Diplomáticos e de presentación de "120 Capadores"
Xénero:
| 18 / 1 / 2008Os nostálxicos do bravú e os novos descubridores deste estilo teñen este sábado 19 unha cita no campus de Elviña da Universidade d'A Coruña dende as 20:30 horas: a posta en escena da homenaxe das bandas galegas aos Diplomáticos de Monte Alto plasmada no disco “120 Capadores” (falcatruada 07) preséntase ao público nun concerto con pretensións de grande foliada. A festa contará coa actriz Isabel Risco como mestra de cerimonias acompañada de Pulpiño Viascón e coas actuacións en directo do Leo i Arremecaghoná, Ruxe Ruxe, Lamatumbá e Ultracáns. O programa, porén, presenta moitas máis sorpresas.
Máis información en Komunikando