Ti estás aquí > Inicio / DISCO / The Blows presentan o seu primeiro disco ante a expectación da prensa musical
The Blows presentan o seu primeiro disco ante a expectación da prensa musical
xaneiro 23, 2008
Entran no mercado discográfico coa etiqueta de grupo revelación despois de apenas dous anos de existencia e a participación, sen disco, en festivais coma o Paredes de Coura, Contempopranea, Festimad e Cáceres Pop Art. Os vigueses The Blows presentan esta semana o seu disco “Upskirts” (Pupilo Records), con once temas cantados en inglés, dos que dous xa estaban na súa maqueta “05.00 AM” autoeditada no 2006. O disco do cuarteto vigués ven a confirmar, segundo a súa discográfica, “unha escena rock, post-punk e new wave en Vigo que recupera o espírito daquela outra movida paralela nos oitenta”. Numerosos medios electrónicos e escritos xa se fan eco deste lanzamento augurándolle un gran éxito ao disco. The Blows está formado por Roy Basanta, voz e guitarra; Bruno Mosquera, guitarra; Alex Lago, baixo e Alex Penido á batería. “Upskirts” está a venda desde o 22 de xaneiro e o grupo o presentará en La Iguana Club de Vigo este sábado 26 de xaneiro.
Máis información en Pupilo Records
Tamén che pode interesar:
- 22/ 9/ 2016 | O dúo Presumido presenta en concerto o primeiro LP Vendetta en Pontevedra
- 23/ 12/ 2008 | O premio Maketón ao mellor disco vigués vai para o Upskirts de The Blows
- 21/ 9/ 2007 | Luis Emilio Batallán presenta o cuarto disco da súa carreira musical
- 10/ 3/ 2005 | Un compositor e unha empresa organizan o primeiro concurso para elixir o primeiro Disco do Ano de solistas galegos