Ir ao contido directamente.


Noticias

Publícase o primeiro estudo dos fondos musicais do Seminario de Santiago

Xénero: Clásica/Lírica | 23 / 3 / 2009

not_14344.jpg

Aparece esta semana nas librarías a obra La música en el Seminario de Santiago da que é autor o músico Francisco Xavier Fernández Places. Este volume, co-editado polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora, presenta os fondos musicais da antiga biblioteca do Seminario Diocesano de Santiago. Un completo inventario de todas as partituras conservadas (que abarca desde mediados do século XIX ata os anos sesenta do XX) que se complementa cun capítulo onde o autor detense nas distintas etapas vividas polo Seminario compostelán desde a súa creación, en outubro de 1829, e un apartado dedicado a profesorado, lexislación, veladas musicais e organización dos actos. Nomes como Xoán Montes, Pascual Veiga, Xosé Castro Chané, Xosé Pacheco ou Xosé e Ricardo Courtier aparecen á beira doutras figuras con apelidos tan ilustres como os Tomás L. de Vitoria, Francisco Guerreiro, Almandoz, De Benito, Sagastizábal, Perosi, Eslava, Ravanelo ou Urteaga. A obra inclúe a reprodución dalgunhas das partituras máis significativas, dende algunhas das máis antigas das conservadas, como é o caso da manuscrita Misa en Fa de Cándido Aguayo, de 1856

Som do Galpóm: “No disco hai certas rarezas musicais nas que convén pararse un pouco e escoitalas ben”

Xénero: Fusión | 17 / 3 / 2009 + VIDEO + IMAXES + AUDIO

not_14299.jpg

Em Terra de Ninguém é o título do primeiro disco de Som do Galpóm. A banda gañadora do certame Nsaio no Camiño presenta esta mesma mañá a súa aposta de fusión na que reúnen funkie, reagge e rap nuns temas combativos e que convidan á festa. Este mesmo mes comeza a xira de presentación do álbum que conta xa con vinte concertos confirmados. O vocalista do conxunto, Gael de Esteban, explícanos que podemos atopar neste álbum. No interior da noticia podes escoitar un avance do álbum.

Unhas xornadas analizan as tendencias e novidades da zanfona

Xénero: Folk | 13 / 3 / 2009

imaxe non dispoñible

Os cegos, os grandes cronistas das feiras, estaban sempre acompañados dunha zanfona. Un instrumento que pervive e sobre o que se fala nunhas xornadas que comezan hoxe en Narón. O Encontro coa Zanfona Contemporánea está organizado pola Central Folque e o Centro Galego de Música Popular, en colaboración co Padroado de Cultura do Concello de Narón. Concertos didácticos para escolares, obradoiros intensivos e relatorios para músicos fan parte deste programa que se desenvolve ata domingo.

O vigués Slowlee lanza novo disco cheo de colaboracións

Xénero: Hip-Hop | 13 / 3 / 2009 + VIDEO + AUDIO

not_14278.jpg

Logo de Chupado (2004), o vigués de nacemento e vilagarcián de adopción Rafael Lago, "Slowlee", chega ás tendas con Cojo aire (Animal Crackers Rec. 2009). No medio entre os dous discos puxo o seu gran de area en varios traballos colectivos como Hipspano-Los Pesos pesados del hip-hop en español de todo el mundo. Nos 18 temas do novo disco deste artista afonda no estilo hip hop e R&B e atrévese a explorar os sons do soul. A proposta chega cargada de colaboracións coñecidas coma, Gran Purismo, Dani Ro, El Pillo Astuto, Sentinel ou o galego Solemne, e conta con The Zombeats na produción. Entre os seus proxectos actuais, ademais deste lanzamento, está centrarse na produción para artistas de R&B e Hip Hop do panorama nacional e internacional colaborando co grupo de produtores e escritores de Atlanta "The Clutch".

Arranca en Culleredo o ciclo Grandes coros de ópera

Xénero: Coral | 13 / 3 / 2009

imaxe non dispoñible

A Antiga Universidade Laboral de Culleredo acollerá esta noite un concerto singular no que participarán uns 180 músicos. As corais polifónicas El Eco de la Coruña, o Liceu Casino de Vilagarcía e a Orquestra Sinfónica de Melide ofrecerán a primeira dunha serie de galas líricas que interpretarán pezas de Verdi como Nabucco, Aída, Il Trovatore, La Traviata ou Macbeth. O proxecto chámase Grandes Coros de Ópera, e con el a Sinfónica de Melide pretende estender a actividade musical á provincial. A Coruña, Ferrol e Santiago son algunhas das localidades polas que xirará o espectáculo que conta cunha achega de 65.600 euros da Deputación da Coruña.

A OSG interpreta a primeira obra sinfónica de Sergio Moure

Xénero: Clásica/Lírica | 12 / 3 / 2009

imaxe non dispoñible

É máis coñecido por ser compositor de cinema. Foi o autor das bandas sonoras das longametraxes Cargo ou Inconscientes (pola que foi candidato ao Goya), pero agora Sergio Moure estreáse como compositor sinfónico. A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) interpreta este venres a súa obra Admonitum coas voces solistas da mezzosoprano Ainhoa Zubillaga, do tenor Gustavo Peña e do barítono Josep Miquel Ramón.

Quant enchen de cores e idiomas o seu primeiro disco longo

Xénero: Pop | 9 / 3 / 2009 + AUDIO + VIDEO

not_14239.jpg

Con catorce cancións e tres videoclips aparece o primeiro longa duración dos ferroláns Quant, que poderá mercárselles directamente a eles (5 euros máis gastos de envío) ou descargalo de balde a través da plataforma A Regueifa. Segundo informa o magazine SONO-TONE, o disco New Adventures in full colour(2009) agrupa temas xa coñecidos a través de anteriores EPs, agora re-gravados e re-masterizados, xunto con temas novos. No disco do cuarteto hai 10 temas cantados en inglés, un en francés, un en galego e dous en castelán. Todas as cancións compostas enteiramente por OscarQuant agás a que abre o disco Hey, mrDJ, please,Drop the neddle!!!! (música: Alberto, letra: Óscar) e Looking for the magic por Dwight Twilley. Como xa é marca dos Quant o son segue o estilo surfeiro da onda sixties. O disco sae á venda comercialmente en formato CD baixo licenza Copyleft no que inclúen os tres videoclips que teñen realizado ata agora.

O Consorcio de Santiago presenta a cuarta edición do festival de Músicas Contemplativas

Xénero: Antiga | 4 / 3 / 2009

imaxe non dispoñible

Os concertos de música sacra en espazos históricos xa son un clásico da Semana Santa compostelá. Desde hai catro anos, o Consorcio de Santiago organiza estas actividades baixo o nome de Músicas Contemplativas. Para este 2009, o festival achegará sons procedentes de países como Italia, Irak, Arxelia, Francia ou o Líbano nese obxectivo de fortalecer o diálogo intercultural. En canto aos espazos, a igrexa e o claustro de San Francisco, o convento do Carme, a Capela Real do Hostal e as igrexas de San Martín Pinario, San Fructuoso, Santa Clara, San Agustín e Ánimas son os recintos habilitados nesta cuarta edición.

Música de deseño

Xénero: Miscelánea | 4 / 3 / 2009

imaxe non dispoñible

Estamos afeitos a ver nas listas de éxitos internacionais grupos creados ad hoc polas discográficas para atender a segmentos concretos de mercado. Ata o de agora, este fenómeno era descoñecido en Galicia. Pero xa está en marcha Azou, un proxecto que integra espectáculos de música e baile en directo, unha serie de animación, mercadotecnia e, por suposto, música, coa intención de chegar ao público adolescente do noso país.

Wöyza presenta o seu primeiro disco editado en vinilo

Xénero: Hip-Hop | 3 / 3 / 2009 + VIDEO + AUDIO

not_14203.jpg

Wöyza, artista de HipHop, Soul e R&B, (Moaña 1984) de raíces uruguaias e crecida en Vigo acaba de sacar á luz, baixo as producións de El Puto Coke, o seu agardado primeiro disco Pisando el suelo que ves, onde amosa a través de trece temas, un deles en galego, a capacidade do seu rexistro, harmonía de voces e estruturas diferentes. Cun concerto no Festival Intercultural do campus de Ourense o día 11, e xa o día 14 ante o seu público vigués na Sala A!, Wöyza presentan en directo este disco que en formato vinilo xa pode mercarse a través de Licor Kafé e en formato dixital está dispoñible desde outubro na súa propia web na que calquera usuario pode descargarse de balde o álbum. Con claras influenzas soul eo disco conta en dous temas coas colaboracións de Kesia e Dani Reus, candidato ao Grammy en dous ocasións no apartado de Gospel.

<< Inicio / Anterior . 2881 a 2890 de 3580 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR