O vigués Slowlee lanza novo disco cheo de colaboracións
marzo 13, 2009
Logo de Chupado (2004), o vigués de nacemento e vilagarcián de adopción Rafael Lago, "Slowlee", chega ás tendas con Cojo aire (Animal Crackers Rec. 2009). No medio entre os dous discos puxo o seu gran de area en varios traballos colectivos como Hipspano-Los Pesos pesados del hip-hop en español de todo el mundo. Nos 18 temas do novo disco deste artista afonda no estilo hip hop e R&B e atrévese a explorar os sons do soul. A proposta chega cargada de colaboracións coñecidas coma, Gran Purismo, Dani Ro, El Pillo Astuto, Sentinel ou o galego Solemne, e conta con The Zombeats na produción. Entre os seus proxectos actuais, ademais deste lanzamento, está centrarse na produción para artistas de R&B e Hip Hop do panorama nacional e internacional colaborando co grupo de produtores e escritores de Atlanta "The Clutch".