Noticias
Maria Fumaça bota un ollo atrás con As que máis molan!!!
Xénero:
| 10 / 1 / 2018A conmemorar cinco anos de traballo, o proxecto Maria Fumaça bota a ollada atrás e presenta o seu primeiro recompilatorio. As que máis molan!!! recupera temas dos seus tres traballos, Maria Fumaça, Xiqui xoque, fiú fiú! e mais Aire e complétaos con dúas cancións inéditas. Logo da presentación do álbum en Vigo o 23 de decembro e mais no Auditorio da Illa de Arousa o pasado día catro, o Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela acollerá o 27 de xaneiro o vindeiro concerto da xira deste proxecto no que participan Uxía, Magín Blanco ou Sérgio Tannus entre outros. A colección Sonárbore de Galaxia é reponsable unha vez máis novo libro-CD do proxecto.
Rafael Carracedo recupera a historia e os sons orixinais da requinta da Ulla
Xénero:
| 9 / 1 / 2018O libro-cd A requinta da ulla. Obradoiro Riobó de Rafael Carracedo Crespo, contén a historia dos inicios e o desenvolvemento deste tipo de frauta tradicional no Val do Ulla, así como a historia do Obradoiro García Riobó (A Estrada), o taller de gaitas e requintas máis antigo de Galicia aínda en funcionamento. O volume de 192 páxinas, que acaba de saír publicado pola editorial Embora e en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, inclúe fotos de instrumentos antigos e modernos, de agrupacións tradicionais e bandas de música e máis de oitenta partituras transcritas a partir do cancioneiro de melodías que foran interpretadas no repertorio dos vellos requinteiros. O CD que acompaña o texto contén exemplos das pezas transcritas nas partituras e os sons das vellas gaitas, requintas e percusións.
Poderío feminino no novo disco de The Lákazans
Xénero:
| 8 / 1 / 2018O terceiro disco da banda The Lákazans sae hoxe á venda co nome da que foi a "muller máis forte do mundo" a primeiros do século XX, a austríaca Kate Brumbwach coñecida artisticamente como “Sandwina”. O sexteto boirense de blues fai así neste Sandwina (Dotbeat, 2017) unha homenaxe ao poderío feminino a través de esta vienesa que serve de inspiración xa para o tema co que abre o disco, o potente 300 pounds of legend que a modo de anécdota remata cunha improvisación xurdida na propia gravación. Tras o anterior Homegrow (2015) dous anos tardaron en entrar de novo no estudio para plasmar este disco gravado en Pouland Studios, con Iago Pico que co-produciu este disco xunto con Fran Velo e Benjamín Vázquez. Moitas das boas sensacións presentadas naquel traballo vense agora confirmadas e reafirmadas por un son áínda máis seguro e ben asentado.
Pakolas debuta en solitario co seu primeiro libro-CD
Xénero:
| 4 / 1 / 2018Paco Cerdeira, membro fundador de A Gramola Gominola, comeza carreira en solitario con Pakolas. A editorial Galaxia presenta na súa colección Sonárbore este libro-CD que conta coa colaboración do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia e que achega dez cancións orixinais ademais de varios contos. O proxecto propón historias fantásticas con elementos educativos que se complementan cunha serie de contidos pedagóxicos aos que se pode acceder a través da rede. Con animais como protagonistas de moitas das historias, o novo libro-CD "é unha obra musical e literaria concibida para facilitar o traballo dos profesionais da fala e da linguaxe, achegándonos material que servirá como ferramenta e complemento ao noso labor diario con rapazas e rapaces. Ao memso tempo é un traballo divertido, co que tanto nenos e nenas como adultos poderán gozar corando e bailando os seus temas, así como aprendendo coas súas historias e contos".
As orquestras clásicas presentan estes días espectáculos excepcionais
Xénero:
| 22 / 12 / 2017No tempo de Nadal a música clásica acada dun xeito natural o protagonismo que noutras épocas do ano non consegue ou se lle nega por costume. As orquestras e formacións preparan para estes días importantes concertos nos que deixan ver a súa enorme capacidade para interpretar o repertorio. Se ben aínda hai que agardar o tradicional concerto de aninovo nestas datas centrais das festas xa son varias e boas as oportunidades do público de achegarse ao xénero clásico con garantías.
Trece bandas renovan a banda sonora para estas festas en 'Nada(L)'
Xénero:
| 21 / 12 / 2017Xonix Records quere cambiar a música de fondo destas festas e para iso reuniron nun disco cancións orixinais feitas ex-profeso sobre o Nadal. Son temas moi diferentes e con sons e ritmos do máis variado e letras en galego, que a súa temática fai que poidamos agrupalas como panxoliñas malia que pouco ou nada teñen que ver con esas tradicionais cancións. Nada (L) (Xonix Records, 2017), ofrece 13 temas inéditos compostos por 13 bandas galegas actuais e nso que cada unha delas achega unha perspectiva musical diferente co ánimo facerse un oco en casa e celebracións pouco dadas ao convencionalismo durante estas festas. O disco, presentado en formato físico digipack, foi gravado e mesturado por Lolo Arincón nos Estudios Xonix Records. Esta dispoñible xa en tendas físicas e en todas as plataformas dixitais. As bandas e artistas reunidas por Xonix Records para esta proxecto son variadas e moi coñecidas na escena musical do país, The Lákazans, Espiño, Oscar Avendaño e Los Wavy Gravies, Esposa con pantis, Raiba, Piti Sanz, Ruxe-Ruxe, Zënzar, Acid Proyect, Tu Mujer Nos Engaña, Liviao de Marrao, Maskarpone e Som do Galpom.
A Roda celebra 40 anos co seu primeiro disco ao vivo
Xénero:
| 19 / 12 / 2017Tiveron que pasar catro décadas de traballo para que o grupo vigués A Roda se decidise a publicar un álbum en directo. Agora, a conmemorar eses corenta anos de traballo, a formación acaba de presentar A Roda Live / A Roda ao vivo en Ortigueira, un álbum que recolle a actuación que realizou no Festival Internacional do Mundo Celta deste 2017. Xan Barcón, David Cabaleiro, Alfredo Dourado, Christian García, Alex Nores e Manoele de Felisa, a actual formación co combo, achegan ao volume dezaseis temas clásicos da banda canda a catro inéditos, cos bonus tracks de estudio 40 anos máis e Os cabaleiros da roda, da man de Inquedanzas Sonoras.
Portamérica e Resurrection Fest moven os carteis con importantes novidades
Xénero:
| 15 / 12 / 2017Son varios os festivais que estes días van espreguizándose e dando sinais de vida para meterse nas axendas dos fans e que estes vaian preparando todo o necesario para asistir ás súas citas coa música. Nalgúns casos xa imos coñecendo importantes avances de carteis e noutros só ás datas de celebración, sobre todo aquelas que mudan respecto ao ano que remata. Se xa hai case un mes que o Resurrectión Fest avanzou a metade do seu listado de artistas agora ven de engadir máis nomes e ademais o Portamérica, que vai a pola súa segunda edición en caldas ven de presentar un importante número de artistas, pero non son os únicos con novidades. Ademais as votacións para elixir os mellores festivais da península están abertas e os nosos teñen boa presenza entre os finalistas.
Amigos da Ópera de Santiago leva a escena Il segreto di Susana
Xénero:
| 14 / 12 / 2017O sábado dezaseis de decembro as 20 horas alzará o pano a segunda produción de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela. O Teatro Principal da cidade acolle a estrea de Il segreto di Susana, un proxecto que conta con dirección artística de Cándido Pazó, que tamén estará presente en escena, e as voces da soprano moldava Clara Jelihovschi Panas e do barítono Javier Franco. A música irá a cargo do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) e sobre as táboas un total de dez artitas darán a vida a esta ópera cómica nun acto, musicada por Ermanno Wolf-Ferrari sobre libreto de Enrico Golisciani e estreada orixinalmente en 1909.
Patricia Moon explota o seu eclecticismo virtuoso no disco 'Rock & Love'
Xénero:
| 11 / 12 / 2017A artista viguesa Patricia Moon está a presentar estes días o seu terceiro disco de estudo. Rock & Love (Dulcimer Songs / EMI Music, 2017) chega cinco anos despois do seu anterior traballo Oxytocin( Dulcimer Songs / EMI Music, 2012) e neste caso a gravación levouse a cabo ao outro lado do Atlántico, en Buenos Aires nos Estudios del Abasto al Paso Monsterland contando na produción con Álvaro Villagra (Grammy polo álbum Supernatural de Santana) e Nelson Pombal. Patricia Moon volve neste caso descabalgarse de estilos predefinidos e ofrece mesturas de diversos xéneros musicais, que beben do soul, a música clásica, o R&B e o rock ‘n’ roll. O seu eclecticismo débelle moito aos seus estudos de formación musical clásica , fixo a carreira de violín e canto lírico, así como de piano no conservatorio de Vigo, compaxinando esa formación con estudios de composición en Madrid. Ao longo de 2017 estivo facendo unha xira por España, o “You Know I’m No Good Tour” xunto a Robin Banerjee, guitarrista e líder da banda de Amy Winehouse, na que facían un tributo á diva do soul con cuxa voz foi comparada a de Patricia Moon en varias ocasións. A súa posta en escena no directo para este novo traballo. será de catro músicos no escenario, Patricia Moon na voz, teclados e violín, e acompañada por unha batería, guitarra e baixo para presentar este traballo que inclúe dous temas en castelán, ademais de seis en inglés. Dancing in the dark é o seu primeiro vídeo de lanzamento do novo discoRock & Love.