Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A Roda celebra 40 anos co seu primeiro disco ao vivo

A BANDA PUBLICA O áLBUM QUE GRAVOU NO úLTIMO FESTIVAL DE ORTIGUEIRA

A Roda celebra 40 anos co seu primeiro disco ao vivo

FOLK | decembro 19, 2017

ortigueira_a_roda.jpg

Tiveron que pasar catro décadas de traballo para que o grupo vigués A Roda se decidise a publicar un álbum en directo. Agora, a conmemorar eses corenta anos de traballo, a formación acaba de presentar A Roda Live / A Roda ao vivo en Ortigueira, un álbum que recolle a actuación que realizou no Festival Internacional do Mundo Celta deste 2017. Xan Barcón, David Cabaleiro, Alfredo Dourado, Christian García, Alex Nores e Manoele de Felisa, a actual formación co combo, achegan ao volume dezaseis temas clásicos da banda canda a catro inéditos, cos bonus tracks de estudio 40 anos máis e Os cabaleiros da roda, da man de Inquedanzas Sonoras.

datos do disco