Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Esquíos publica para libre descarga Porcocan
Xénero:
| 24 / 7 / 2013O grupo de punk-rock Esquíos acaba de publicar no seu web unha ligazón para descargar de balde Porcocán, o seu último traballo. Con esta acción, o conxunto pretende homenaxear a Miguel Ángel Castro, o seu vocalista, que faleceu a finais do pasado mes de xuño en plena xira de promoción deste traballo. Segundo explican no web, aínda que non tiñan pensado pór o volume en libre descarga "o que máis queremos é que o traballazo que fixo Moro no mesmo chegue a máxima xente posible".
Astarot celebra os seus 30 anos con Séptimo pecado
Xénero:
| 22 / 7 / 2013Once composicións de Carlos Gandón e mais catro versións de temas galegos como Xirarei, O tren ou Adeus ríos, adeus fontes compoñen o novo disco de Astarot. O grupo do Morrazo celebra os seus trinta anos con Séptimo pecado un volume no que alterna galego e castelán e onde os temas propios collen protagonismo. Gravado nos Estudios Musitrón de Madrid, o álbum conta coas colaboracións de Rosa Cedrón e Joaquín Padilla. O grupo está a desenvolver este verán a xira de presentación, que os levará a Ribeira (24 de xullo), Cesantes (26), Poio (27) ou Sada (14 de agosto) entre outras datas.
Aphonnic cumpre dez anos de discos con Heroes,
Xénero:
| 19 / 6 / 2013Catro anos depois do seus 6 bajo par a banda viguesa Aphonnic volta co seu novo traballo. Heroes é o título do cuarto álbum do grupo, que mantén o seu son de guitarras intensas no que se integran melodías e letras coidadas nas que a actualidade máis inmediata atopa o seu oco. Os once temas graváronse nos estudios Poison Apple de Lisboa, con produción de Dani Obenza, e mesturounos Paul Leavitt mos Valencia Recording Studios de Estados Unidos. O grupo optou pola fórmula do crowdfunding para financiar o lanzamento, superando amplamente os 6.000 euros que solicitaba de apoio.
Músicos á beira do mar
Xénero:
| 6 / 6 / 2013Retratar grupos de rock da Cidade Olívica nalgún punto da Ría de Vigo. Baixo estas sinxelas premisas o fotógrafo Áitor NOVA botou a andar o proxecto Rock`n`Ria. Polo momento, unha vintena de formacións xa están retratadas á beira ou mesmo dentro do mar. NOVA sinala no seu web que pretende compilar este proxecto no futuro en forma de libro ou de exposición, e polo momento deixa as súas imaxes baixo dominio público con licenza Creative Commons CC BY-ND 3.0, que premite o seu emprego citando o autor.
Pito de Pikasso volta con Arrock con chícharos
Xénero:
| 15 / 5 / 2013Dous anos despois do último traballo, os composteláns Pito de Pikasso presentan Arrock con chícharos, terceiro disco da formación. O novo álbum, autoeditado, foi gravado no Laboratorio Soyuz e achega doce temas de punk rock en galego. O disco presentarase o vindeiro sete de xuño cun concerto na compostelá Sala Capitol no que tamén estarán Vicky Polard.
Forraje lanza Quejidos que no escucha nadie
Xénero:
| 14 / 5 / 2013A Sala Moon de Compostela acolle este xoves, a partir das 22 horas, o concerto de presentación de Quejidos que no escucha nadie, o cuarto disco de Forraje. A banda da Pobra do Caramiñal lanza o álbum da man de Warner Music Spain e coa produción de Kolibrí Díaz, de Marea. Dez temas de rock con letras coidadas e un grande protagonismo das guitarras que conta con colaboracións como a de Robe, de Extremoduro. O concerto contará tamén coa participación de Memoria de Pez, grupo que presenta Tocar madera, o seu novo disco.
Esquíos lanzan Porcocan
Xénero:
| 10 / 5 / 2013O sexto disco de Esquíos está xa na rúa e mais na rede. Porcocan mantén o ton punk-rock do grupo en 12 temas cheos de enerxía e con grandes doses de crítica social. O grupo desenvolvera unha campaña de crowdfunding para financiar este proxecto, que finalmente non conseguiu fondos abondos para cubrir os gastos de lanzamento. O volume foi gravado nos estudios Abrigueiro, e os primeiros concertos de presentacion serán o 25 de maio no Pub Gañetes da Estrada e o día 31 en Pontemuiños, Pontevedra.
Heredeiros da Crus voltan con Jard Rock con Fe
Xénero:
| 26 / 4 / 2013A discoteca LP-45 de Ordes, que acolleu no seu día o retorno do grupo aos escenarios, verá o vindeiro 24 de maio a presentación do novo traballo de Heredeiros da Crus. O grupo lanza, da man de Airapro, Jard Rock con fe un disco no que o aseguran manter intacto o estilo que os lanzou á fama hai xa dúas décadas. Está xa dispoñible na rede A Duquesa de Poi, primeiro single do novo traballo que se gravou nos estudios Bruar da Coruña e nas instalacións da Escola Municipal de Música de Boiro. Os interesados en acudir ao concerto poden adquirir xa as entradas a un prezo de 25 euros incluído o CD.
Raios e centolas é o novo de Santos Morcegos
Xénero:
| 15 / 4 / 2013Un vinilo con oito temas é o terceiro traballo discográfico de Santos Morcegos. Raios e centolas, que acaba de saír á venda, mantén a esencia de música surf totalmente instrumental propia da banda. A retranca do grupo déixase sentir en títulos como Fedorento Five-O, Cowboy das Rías Baixas e Porto Piche.O álbum foi gravado en Baixo Miño Estudios e, ademais de poder mercarse en diferentes tendas, está tamén dispoñible íntegro en Bandcamp
Pontevedra acolle o Galegote Rock
Xénero:
| 3 / 4 / 2013Por segundo ano consecutivo, Pontevedra acollerá o festival Galegote, no que actúan exclusivamente grupos de cantan na nosa lingua. O neno Elliot, Os amigos dos Músicos, Roger de For, Terbutalina ou Ataque Escampe fan parte dun cartel que arrincará o vindeiro día 5 cunha sesión de presentación e que concentra os concertos entre os días 11 e 13. A iniciativa xorde da Concellaría de Normalización Lingüística coa colaboración da Sala Karma, que acollerá os eventos coa súa extensión o Pequeno Karma.
REPORTAXE
Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música