Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Os Novos chegan como veteranos do punk-rock
Xénero:
| 27 / 10 / 2014Unha nova banda compostelá, Os Novos, acaba de presentar o seu primeiro lanzamento. Nom Lugar chega da man de Lixo Urbano con sete temas cheos de carraxe, xogos vocais e guitarras de grande potencia nos que o trío amosa claramente a súa bagaxe punk-rock. Segundo explica o grupo na súa presentación, o grupo é "umha besta tricéfala que fai música para escuitar com os punhos fechados, com raiva, fazendo força até esmagar os dedos, rinchando nos dentes e maldizendo baixo um céu cinzento sempre a piques de esboroar-se". O álbum, gravado nos Estudios Soyuz e coa produción de Mike Mariconda en Sonic Boom Room sae á venda cunha dupla edición en digipack e mais en formato Vinilo de 10" máis un CD. O álbum tamén se pode escoitar en Bandcamp e nos diferentes concertos que o grupo ten previstos ao longo deste outono.
Wild Balbina presenta Sisters before misters
Xénero:
| 17 / 9 / 2014Logo de visitar a pasada Semana Carballiño e mais Compostela, os vigueses Wild Balbina continúan a xira de presentación do seu último traballo. Sisters before misters achega sete temas de rock sesentero con aires garage e punk da man de Antía Figueiras, Marta González, Guille Zapata e Miguel Bianchi. O volume está dispoñible de balde en bandcamp ou pode adquirise nunha edición en vinilo. A vindeira cita para coñecer Sisters before misters será o vindeiro 26 de setembro no Playa Club da Coruña e o 27 no Bar Labranza de Bueu.
Óscar Avendaño y Los Profesionales voltan con Demasiado oro
Xénero:
| 8 / 8 / 2014Desde comezos deste verán Óscar Avendaño y Los Profesionales están a presentar o seu segundo disco. Demasiado oro achega dez novos temas nos que a banda mantén o seu estilo achegado ao rock dos anos setenta. Oscar Avendaño, Indy Tumbita, Xabier Vieitez, Mauro Comesaña e Alberto Rodriguez, Membros de bandas como Siniestro Total, Transilvanians, Pedrito Diablo y Los Cadáveras ou The Soul Jacket fan parte deste proxecto. A banda organizou unha campaña de crowdfunding coa que acadaron 5.230 euros para editar este proxecto,
Mi Perro Vincent lanza o seu primeiro disco
Xénero:
| 4 / 8 / 2014Punk-rock clásico, con claras influencias de Los Ramones, The Queers ou Los Nikis é a base coa que traballa Mi Perro Vincent. O grupo de Vilalba publica agora o seu propio nome o primeiro LP autoeditado. Quince temas enérxicos, como El ataque del gafapasta de 50 pies, El último punk, El surf no es para mi ou Méteo no cú, a primeira canción en galego do grupo. Gravado en Estudios Primarios, o álbum está a venda por 5 euros en formato digipack e dispoñible tamén en BandCamp.
As Revenidas trasládanse a agosto cun cartel centrado no Bravú
Xénero:
| 16 / 7 / 2014Vilaxoán celebrará finalmente a XI edición do Revenidas. Logo de demoradas negociacións co Concello de Vilagarcía os últimos meses, o evento traslada as súas datas para agosto, e celebrarase entre os días 22 e 24. A xeira deste ano conta a peculiaridade de se centrar no vinte aniversario do Rock Bravú, e presenta un cartel de grupos galegos entre os que se contarán os principais nomes deste movemento. Con actuacións aínda por fechar, está xa confirmada a presenza de Os Diplomáticos de Monte Alto, Heredeiros da Crus, Ulträqäns, Rastreros, Leo e Arremecaghona ou Terbutalina entre outros.
Oito grupos de música explican nun vídeo por qué cantan en galego
Xénero:
| 30 / 5 / 2014Nao, Machina, Arrhythmia, Zenzar, Superoito, Familia Caamagno, Caiman do río Tea e Lydia Botana son os protagonistas do vídeo E ti porque cantas en Galego?. O blog Galegueando publicaba o pasado 16 de maio esta iniciativa coa que quere promover o rock na nosa lingua.
Invivo volta con Cárcavas
Xénero:
| 21 / 5 / 2014Tres anos despois do seu último traballo e con mudanzas no grupo, Invivo volta con Cárcavas. O terceiro álbum da formación compostelá achega once temas, na súa maior parte en galego, cos que a banda afonda na súa aposta polo metal e o trash con Roberto Filgueira como nova voz e Bruno Castro ao baixo. O disco,autoeditado,gravouse nos Pousada Son Estudios de Ames e preséntase ao público o vindeiro 24 de maio na sala TNT, en Compostela.
Acid Proyect volta con Where's Your God Now
Xénero:
| 6 / 5 / 2014Dez temas que, a partir do metal, percorren estilos como o rock, o grunge ou mesmo a psicodelia. O grupo ourensán Acid Proyect presentaba o pasado 3 de maio Where's Your God Now, o seu segundo disco. Un volume autoeditado no que as guitarras potentes e as voces desgarradas son protagonistas e co que o grupo pretende facer unha crítica aos tempos actuais.
O Caimán do Río Tea volta cun recompilatorio
Xénero:
| 2 / 5 / 2014Catorce hits remasterizados nos estudos de Javier Abreu compoñen Estou na lavadora o disco co que o grupo O Caimán do Río Tea volta para celebrar os vinte anos do seu nacemento. Éxitos como que dá nome ao disco ou Ven a bailar, coñecidos a través do Xabarín Club fan parte deste traballo e recolle temas dos discos que gravaron entre 1995 e 1998. Un concerto-festa en Ponteareas, vila natal do grupo, serviu o pasado día 26 para celebrar o lanzamento.
Esquíos retornan con Estamos aquí
Xénero:
| 29 / 4 / 2014Logo do falecemento o pasado ano de Moro, o seu vocalista, Esquíos voltan neste 2014 cun novo proxecto e cambios na formación. Estamos aquí é un traballo gravado ao vivo nos estudios da Radio Galega con nove temas propios e unha versión en galego de Dead Kennedys que estará dispoñible en maio. Polo momento, o grupo deu a coñecer xa dous temas de rock con toques de ska e anunciarán en breve as datas da xira de presentación.
novidades discográficas
San Antonio
Los Eternos
Deleiba
III
Grande Amore
Trankimasín
Heredeiros da Crus
Xabral
Ruxe Ruxe
REPORTAXE

Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música