Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Os Novos chegan como veteranos do punk-rock

PRESENTAN NOM LUGAR CUNHA EDICIóN EN VINILO E CD

Os Novos chegan como veteranos do punk-rock

ROCK | outubro 27, 2014

nom_lugar_os_novos.jpg

Unha nova banda compostelá, Os Novos, acaba de presentar o seu primeiro lanzamento. Nom Lugar chega da man de Lixo Urbano con sete temas cheos de carraxe, xogos vocais e guitarras de grande potencia nos que o trío amosa claramente a súa bagaxe punk-rock. Segundo explica o grupo na súa presentación, o grupo é "umha besta tricéfala que fai música para escuitar com os punhos fechados, com raiva, fazendo força até esmagar os dedos, rinchando nos dentes e maldizendo baixo um céu cinzento sempre a piques de esboroar-se". O álbum, gravado nos Estudios Soyuz e coa produción de Mike Mariconda en Sonic Boom Room sae á venda cunha dupla edición en digipack e mais en formato Vinilo de 10" máis un CD. O álbum tamén se pode escoitar en Bandcamp e nos diferentes concertos que o grupo ten previstos ao longo deste outono.

MULTIMEDIA
Nom Lugar de Os Novos
datos do disco