Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Músicos e ouvintes mobilízanse por Planeta Furancho
Xénero:
| 26 / 5 / 2015A desaparición do programa Planeta Furancho da grella da Radio Galega está a promover unha intensa mobilización social. O anuncio de que o vindeiro dia 29 de maio se emitirá a derradeira entrega do espazo, que leva máis de 1.400 emisións, provocou xa o pasado sábado 23 unha concentración diante das portas das instalación da CRTVG en San Marcos. Esta mañá, nunha rolda de prensa Ada Seoane, Josito Porto e Alex Sevilla en representación de ouvintes, músicos e "xente do sector" preocupada polo feche do programa, anunciaban a intención de continuar as mobilizacións por este motivo. Así, para este xoves 28 de maio convocouse unha concentración de protesta ás 20:30 horas na Compostelá Praza do Toral á que se anima a acudir armados de instrumentos para manifestar o descontento ante a decisión da cadea.
Ith lanza Forte, o seu primeiro traballo de estudo
Xénero:
| 26 / 5 / 2015Temas con guitarras potentes e potentes voces femininas con ecos de rock duro marcan o novo traballo de Ith. A banda de Mesía presenta Forte, o seu primeiro traballo de estudo logo de varias maquetas e un álbum ao vivo. A continuar a súa aposta polo pop-rock, o grupo achega trece novos temas en galego nos que destaca o traballo vocal de Lucía da Fonte. Canda a ela Gonzalo Suárez, Toxo, Miguel Iglesias e Miguel Folgueira completan o proxecto, que está a desenvolver diferentes concertos de presentación por todo o país. A vindeira cita será o seis de xuño no I Festival Folck Rock de Grixalba.
MadMartin Trio publica o seu primeiro LP Time To Go Mad
Xénero:
| 20 / 5 / 2015A banda de rock MadMartin Trio presenta o seu primeiro LP Time To Go Mad, editado pola discográfica sueca Vintjärn Records, que inclúe 11 temas de autoría propia e 3 versións de clásicos. Aínda que o grupo é de recente creación, os seus compoñentes son veteranos músicos xa que o batería Manuel Brey e o guitarrista e voz Martín Esturao formaron parte da banda Doutor Gringo, un dos principais referentes do rock and roll clásico feito en Galicia.
Foxy Freire, o rock dos jazzistas
Xénero:
| 8 / 5 / 2015Virxilio da Silva, Fernando Sánchez, Paco Charlín e Max Gómez son músicos de jazz. No entanto, o seu último proxecto conxunto non ten moito que ver con este estilo. Foxy Freire é unha aposta clara polo rock con influencias dos anos sesenta e setenta. Guitarras potentes e un directo contundente, con pegadas de Jimi Hendrix, MC5, Led Zeppelin ou Black Sabbath son os ingredientes deste proxecto, que acaba e presentar o seu primeiro LP logo de tres anos de traballo.
Zënzar vai polo dez con Camiñando entre serpes
Xénero:
| 5 / 5 / 2015Once novos temas de rock reivindicativo e poesía urbana. A banda decana do rock en galego, Zënzar, chega ao seu décimo álbum con Camiñando entre serpes. No novo traballo, gravado nos estudios de Javier Abreu, a banda achega un son máis directo que se gravou ao vivo. Temas como Cortina a versionar un poema de Díaz Castro, Nada que perder ou A xente fala adiantan un traballo que está xa dispoñible na rede e que conta coas colaboracións de José M. Ares á gaita e de Xenderal á voz e ao beatbox.
Esquíos dá no centro co seu novo traballo
Xénero:
| 4 / 5 / 2015O vindeiro 16 de maio a Sala Puticlú da Coruña acollerá a estrea do novo traballo de Esquíos. A diana somos tod@s achega once novos temas nos que o grupo aborda "o noso momento vital actual e que reflicten a nosa carraxe co que está a pasar a nivel político e social, que amosan o noso lado máis combativo tanto a nivel lírico coma musical". O Bonham estudios da Coruña foron o escenario no que o grupo se fechou durante dous días para darlle forma a un traballo marcado polas guitarras e as letras de denuncia marcan. A Praza da Feira (A Estrada), o día 17 e o Cachán de Compostela o 29 serán a vindeiras citas na xira de presentación da banda.
O disco de N.H.U, "obra clave" do rock galego, reedítase en vinilo
Xénero:
| 29 / 4 / 2015N.H.U., banda pioneira do folk-rock progresivo en Galicia, editaba en 1978 o seu único disco converténdose nunha peza de coleccionismo. O novo selo Polyrock acaba de presentar a reedición deste traballo en vinilo de 180 gramos e só 300 exemplares do único traballo do grupo onde o seu rock en galego segue sendo obxecto de culto.
Ruxe-Ruxe traenos Un mundo perfecto
Xénero:
| 18 / 3 / 2015A Sala Capitol de Compostela acollerá o vindeiro 14 de abril o concerto de presentación de Un mundo perfecto. O novo disco de Ruxe-Ruxe, que sae hoxe á venda, estrearase nun concerto no que a veterana banda compostelá estará acompañada de Biribirlocke. Catorce novos temas que manteñen a personalidade da banda. Cancións ancoradas no rock, letras reivindicativas e temas urbanos complétanse con acompañamentos de metal e aires ska e mestúranse con propostas máis líricas en temas como Refachos ou Nada máis. Editado por Lobicán Records, o novo proxecto está a venda en formato físico e dixital.
Deseqilibrio Mental presenta Séculos Escuros
Xénero:
| 17 / 2 / 2015Catro anos logo do lanzamento de Con Q sen U, Deseqilibrio mental presenta o seu segundo traballo, Séculos Escuros. O grupo de metal rock continúa a apostar polo galego e por letras comprometidas nun álbum que se ten como eixe os tempos que estamos a vivir. O proxecto preséntase en tres partes, da cales a primeira, con cinco temas, está xa dispoñible en formato físico e dixital. O álbum gravouse en Pousada Son e sae editado baixo o selo Lobicán Records
Los Suaves adiantan datas da súa xira de despedida
Xénero:
| 5 / 2 / 2015La música termina é o lema co que o grupo ourensán Los Suaves presenta a súa xira de despedida. Aínda sen data prevista de remate, o conxunto adianta datas do que será o seu último tour, no que se interpretarán clásicos e novos temas en recitais cun repetorio dunhas 24 cancións na que aseguran será "a mellor xira da nosa vida". Ademais, adiantan tamén que se gravarán algúns dos concertos, logo de case 35 anos de carreira musical.
novidades discográficas
Xabral
Ruxe Ruxe
O círculo das formigas
Os John Deeres
Malkeda
Malkeda
XX
Dakidarría
Rematou o simulacro
Loita Amada
REPORTAXE
![Imaxe da reportaxe: Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música](../imaxes/edicion/tem_4785.jpg)
Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música