Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Foxy Freire, o rock dos jazzistas

O GRUPO PRESENTA MONGOOSE TREE CUNHA XIRA DE CONCERTOS

Foxy Freire, o rock dos jazzistas

ROCK | maio 8, 2015

mongoose_tree_foxy_freire.jpg

Virxilio da Silva, Fernando Sánchez, Paco Charlín e Max Gómez son músicos de jazz. No entanto, o seu último proxecto conxunto non ten moito que ver con este estilo. Foxy Freire é unha aposta clara polo rock con influencias dos anos sesenta e setenta. Guitarras potentes e un directo contundente, con pegadas de Jimi Hendrix, MC5, Led Zeppelin ou Black Sabbath son os ingredientes deste proxecto, que acaba e presentar o seu primeiro LP logo de tres anos de traballo.

Mongoose Tree sae á luz logo dun exitoso proceso de crowdfunding e gravouse nos portugueses Boom Studios. O grupo está actualmente en plena xira de presentación, de logo de visitar Bueu e Vigo, visitan hoxe O Clavicémbalo, en Lugo e mañá O Con do Moucho na Illa de Arousa.

datos do disco
Ligazóns