Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Furious Monkey House racha tópicos con Run
Xénero:
| 21 / 10 / 2015É un grupo compostor por cinco rapaces e rapazas de entre 9 e 12 anos, acompañados ao baixo por un único adulto. Furious Monkey House levan xa varios anos a rachar os tópicos sobre a música feita polos máis novos, e presentan agora o seu primeiro traballo, Run. Gravado nos estudios londinenses de Abbey Road, a banda mantén no álbum os seus sons de rock con toques grunge e sorprenden cunha versión acústica de Heavy boy que gravaron ao vivo. Aínda que o volume sairá á venda o vindeiro 13 de novembro da man de Esmerarte, a xira de presentacións comeza xa o 25 de outubro cun concerto no Pazo da cultura.
Bala inicia a xira de presentación de Human flesh
Xénero:
| 22 / 9 / 2015Santander, o vindeiro 24 de setembro, marca o comezo da xira de presentación de Human flesh. O dúo Bala, composto por Anxela Baltar e Violeta Mosquera achegarán os sete temas do seu traballo de debut tamén a locais de Madrid, Euskadi e Salamanca ademais de programar concertos en Galicia. A banda compostelá presenta, da man de matapadre, un rock escuro con resonancias grunge en temas como Tripas + Chained, Hell's Waiting ou Joan Vollmer. Matapadre edita o traballo, que se gravou nos estudios Montealto da Coruña.
O V Live for Madness chega con novidades
Xénero:
| 2 / 9 / 2015Co Campo da Feira como nova ubicación, a quinta edición do festival Live for Madness retorna a Ourense o vindeiro 19 de setembro. A nova xeira do encontro dedicado ao metal vén chea de novidades, a ampliar o número de bandas participantes ata seis. Childrain, Vermis Antecessor, Evil Impulse, Agónica, Wisdom e Raze foron as seleccionadas entre máis de 240 propostas. A continuar a colaboración que o evento mantén co seu homólogo Resurrection Fest, os elexidos repetirán na vindeira edición do festival de Viveiro.
The Shoubiñas Experience debuta con A home called Metrópolis
Xénero:
| 16 / 7 / 2015Espertar o interese do coñecido produtor e cofundador de Virgin Philip R. Newell foi o paso que animou aos vigueses The Shoubiñas Experience a se meter no estudio de gravación. Logo dunha exitosa campaña de crowdfunding, o grupo completou, coa colaboración de Newell, A home called Metrópolis. Un total de oito temas de rock con aires sureños que se rexistraron ao vivo nos Estudios Metropolis. Ernest De Gregorio, á guitarra, Piter De Gregorio cos teclados, Dani "Ouzo" de Castro na batería, Roi "Humble" Rodriguez co baixo e Mario Richards a pór voz e guitarras compoñen este combo.
Tu mujer nos engaña presenta o macroproxecto Malas linguas
Xénero:
| 29 / 6 / 2015Nada menos que catro CDs, cun total de corenta temas cantados en galego, castelán e inglés, compoñen Malas linguas. Desde Silleda, o grupo Tu Mujer nos Engaña presenta o seu segundo traballo de estudio, un ambicioso traballo de estudio no que a súa proposta de rock-fusión conta con colaboracións de luxo como son as de Alberto Cereijo (Los Suaves), Oscar Avendaño (Siniestro Total), Fernando Madina (Reincidentes), La Pegatina, Vituco Neira (Ruxe-Ruxe), Bocixa (Zënzar), Xose A. Touriñán e Marcos Pereiro (Mucha e Nucha), Apenino ou Piti Sanz entre moitos outros. Logo de dous anos sen tocar ao vivo, o Derrame Rock marcou o comezo da xira de presentación do proxecto, que levará o grupo polas principais cidades de Galicia ao longo dos vindeiros meses.
Músicos e ouvintes mobilízanse por Planeta Furancho
Xénero:
| 26 / 5 / 2015A desaparición do programa Planeta Furancho da grella da Radio Galega está a promover unha intensa mobilización social. O anuncio de que o vindeiro dia 29 de maio se emitirá a derradeira entrega do espazo, que leva máis de 1.400 emisións, provocou xa o pasado sábado 23 unha concentración diante das portas das instalación da CRTVG en San Marcos. Esta mañá, nunha rolda de prensa Ada Seoane, Josito Porto e Alex Sevilla en representación de ouvintes, músicos e "xente do sector" preocupada polo feche do programa, anunciaban a intención de continuar as mobilizacións por este motivo. Así, para este xoves 28 de maio convocouse unha concentración de protesta ás 20:30 horas na Compostelá Praza do Toral á que se anima a acudir armados de instrumentos para manifestar o descontento ante a decisión da cadea.
Ith lanza Forte, o seu primeiro traballo de estudo
Xénero:
| 26 / 5 / 2015Temas con guitarras potentes e potentes voces femininas con ecos de rock duro marcan o novo traballo de Ith. A banda de Mesía presenta Forte, o seu primeiro traballo de estudo logo de varias maquetas e un álbum ao vivo. A continuar a súa aposta polo pop-rock, o grupo achega trece novos temas en galego nos que destaca o traballo vocal de Lucía da Fonte. Canda a ela Gonzalo Suárez, Toxo, Miguel Iglesias e Miguel Folgueira completan o proxecto, que está a desenvolver diferentes concertos de presentación por todo o país. A vindeira cita será o seis de xuño no I Festival Folck Rock de Grixalba.
MadMartin Trio publica o seu primeiro LP Time To Go Mad
Xénero:
| 20 / 5 / 2015A banda de rock MadMartin Trio presenta o seu primeiro LP Time To Go Mad, editado pola discográfica sueca Vintjärn Records, que inclúe 11 temas de autoría propia e 3 versións de clásicos. Aínda que o grupo é de recente creación, os seus compoñentes son veteranos músicos xa que o batería Manuel Brey e o guitarrista e voz Martín Esturao formaron parte da banda Doutor Gringo, un dos principais referentes do rock and roll clásico feito en Galicia.
Foxy Freire, o rock dos jazzistas
Xénero:
| 8 / 5 / 2015Virxilio da Silva, Fernando Sánchez, Paco Charlín e Max Gómez son músicos de jazz. No entanto, o seu último proxecto conxunto non ten moito que ver con este estilo. Foxy Freire é unha aposta clara polo rock con influencias dos anos sesenta e setenta. Guitarras potentes e un directo contundente, con pegadas de Jimi Hendrix, MC5, Led Zeppelin ou Black Sabbath son os ingredientes deste proxecto, que acaba e presentar o seu primeiro LP logo de tres anos de traballo.
Zënzar vai polo dez con Camiñando entre serpes
Xénero:
| 5 / 5 / 2015Once novos temas de rock reivindicativo e poesía urbana. A banda decana do rock en galego, Zënzar, chega ao seu décimo álbum con Camiñando entre serpes. No novo traballo, gravado nos estudios de Javier Abreu, a banda achega un son máis directo que se gravou ao vivo. Temas como Cortina a versionar un poema de Díaz Castro, Nada que perder ou A xente fala adiantan un traballo que está xa dispoñible na rede e que conta coas colaboracións de José M. Ares á gaita e de Xenderal á voz e ao beatbox.
novidades discográficas
San Antonio
Los Eternos
Deleiba
III
Grande Amore
Trankimasín
Heredeiros da Crus
Xabral
Ruxe Ruxe
REPORTAXE

Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música