Furious Monkey House racha tópicos con Run
outubro 21, 2015
É un grupo compostor por cinco rapaces e rapazas de entre 9 e 12 anos, acompañados ao baixo por un único adulto. Furious Monkey House levan xa varios anos a rachar os tópicos sobre a música feita polos máis novos, e presentan agora o seu primeiro traballo, Run. Gravado nos estudios londinenses de Abbey Road, a banda mantén no álbum os seus sons de rock con toques grunge e sorprenden cunha versión acústica de Heavy boy que gravaron ao vivo. Aínda que o volume sairá á venda o vindeiro 13 de novembro da man de Esmerarte, a xira de presentacións comeza xa o 25 de outubro cun concerto no Pazo da cultura.
Tamén che pode interesar:
- 28/ 4/ 2023 | Furious Monkey House escurece o seu son con Oneiric
- 16/ 9/ 2019 | Furious Monkey House confírmanse con Love, scum & dust
- 10/ 4/ 2017 | Tractor Troy convida a Muy Postre
- 23/ 11/ 2016 | Furious Monkey House xa ten libro de seu sobre os seus inicios
- 5/ 4/ 2016 | Vilalba celebra o FIV os vindeiros 29 e 30 de abril