Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Bala inicia a xira de presentación de Human flesh

ANXELA BALTAR E VIOLETA MOSQUERA VISITARáN MADRID, EUSKADI, SALAMANCA E GALICIA

Bala inicia a xira de presentación de Human flesh

ROCK | setembro 22, 2015

human_flesh_bala.jpg

Santander, o vindeiro 24 de setembro, marca o comezo da xira de presentación de Human flesh. O dúo Bala, composto por Anxela Baltar e Violeta Mosquera achegarán os sete temas do seu traballo de debut tamén a locais de Madrid, Euskadi e Salamanca ademais de programar concertos en Galicia. A banda compostelá presenta, da man de matapadre, un rock escuro con resonancias grunge en temas como Tripas + Chained, Hell's Waiting ou Joan Vollmer. Matapadre edita o traballo, que se gravou nos estudios Montealto da Coruña.

En vindeiras datas, Bala tocará no Festiblas de Lugo (2 de outubro), La Iguana (Vigo, día 3), o Liceo Mutante (Pontevedra, 10), o Super 8 (Ferrol, 16), Nave 1839 (A Coruña, 17) e El Pueblo Café Cultural (Ourense, día 23).

datos do disco
Ligazóns