Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Esquíos dá no centro co seu novo traballo
Xénero:
| 4 / 5 / 2015O vindeiro 16 de maio a Sala Puticlú da Coruña acollerá a estrea do novo traballo de Esquíos. A diana somos tod@s achega once novos temas nos que o grupo aborda "o noso momento vital actual e que reflicten a nosa carraxe co que está a pasar a nivel político e social, que amosan o noso lado máis combativo tanto a nivel lírico coma musical". O Bonham estudios da Coruña foron o escenario no que o grupo se fechou durante dous días para darlle forma a un traballo marcado polas guitarras e as letras de denuncia marcan. A Praza da Feira (A Estrada), o día 17 e o Cachán de Compostela o 29 serán a vindeiras citas na xira de presentación da banda.
O disco de N.H.U, "obra clave" do rock galego, reedítase en vinilo
Xénero:
| 29 / 4 / 2015N.H.U., banda pioneira do folk-rock progresivo en Galicia, editaba en 1978 o seu único disco converténdose nunha peza de coleccionismo. O novo selo Polyrock acaba de presentar a reedición deste traballo en vinilo de 180 gramos e só 300 exemplares do único traballo do grupo onde o seu rock en galego segue sendo obxecto de culto.
Ruxe-Ruxe traenos Un mundo perfecto
Xénero:
| 18 / 3 / 2015A Sala Capitol de Compostela acollerá o vindeiro 14 de abril o concerto de presentación de Un mundo perfecto. O novo disco de Ruxe-Ruxe, que sae hoxe á venda, estrearase nun concerto no que a veterana banda compostelá estará acompañada de Biribirlocke. Catorce novos temas que manteñen a personalidade da banda. Cancións ancoradas no rock, letras reivindicativas e temas urbanos complétanse con acompañamentos de metal e aires ska e mestúranse con propostas máis líricas en temas como Refachos ou Nada máis. Editado por Lobicán Records, o novo proxecto está a venda en formato físico e dixital.
Deseqilibrio Mental presenta Séculos Escuros
Xénero:
| 17 / 2 / 2015Catro anos logo do lanzamento de Con Q sen U, Deseqilibrio mental presenta o seu segundo traballo, Séculos Escuros. O grupo de metal rock continúa a apostar polo galego e por letras comprometidas nun álbum que se ten como eixe os tempos que estamos a vivir. O proxecto preséntase en tres partes, da cales a primeira, con cinco temas, está xa dispoñible en formato físico e dixital. O álbum gravouse en Pousada Son e sae editado baixo o selo Lobicán Records
Los Suaves adiantan datas da súa xira de despedida
Xénero:
| 5 / 2 / 2015La música termina é o lema co que o grupo ourensán Los Suaves presenta a súa xira de despedida. Aínda sen data prevista de remate, o conxunto adianta datas do que será o seu último tour, no que se interpretarán clásicos e novos temas en recitais cun repetorio dunhas 24 cancións na que aseguran será "a mellor xira da nosa vida". Ademais, adiantan tamén que se gravarán algúns dos concertos, logo de case 35 anos de carreira musical.
Chega Enki desde Babilonia
Xénero:
| 22 / 1 / 2015José Barros, coñecido polo seu traballo en Dismal, presenta Enki, a súa nova formación. Acompañado de Alber Sanmiguel, Kin Gamallo e Yago Maga o novo proxecto acaba de publicar na rede <The Gardens of Babylon, o seu primeiro traballo. A experimentación dentro do metal, con refráns potentes e guitarras traballadas caracterizan os trece temas de carácter sombrizo que se inclúen no traballo.
Recoñecemento a discreción
Xénero:
| 13 / 1 / 2015Grupos musicais a facer versións, textos de Xurxo Souto, Uxía ou Josito Porto entre outros, un web, unha festa. Manuel Seixas converteuse estes días, sen o saber, no foco dunha mobilización na nosa cultura. Un grupo de xente reuniuse para renderlle unha homenaxe sorpresa polo seu traballo como escritor, músico e activista cultural. O proxecto Sonhando con Seixas segue aberto e chega nun momento no que o autor prepara novas iniciativas.
O Resurrection Fest celebrará 10 anos por todo o alto
Xénero:
| 18 / 12 / 2014Viveiro acollerá entre os vindeiros 16 e 18 de xullo o maior Resurrection Fest da historia. Un total de 48 bandas, encabezadas por nomes míticos como Korn, Mötorhead e Refusen (as dúas últimas na súa única actuación no Estado) celebrarán os dez anos do festival. Canda a estes, o evento contará con nomes de peso na escena internacional do metal e do hardcore como Satanic Surfers, Black Label Society, Children of Bodom, Cannibal Corpse, Fear Factory, Backyard Babies, D.R.I. ou Comeback Kid. As entradas están xa á venda no web do festival.
You Dog!! chega con puro rock desde Vigo
Xénero:
| 18 / 11 / 2014Logo de cinco anos de carreira e de completar unha exitosa campaña de crowdfunding, o grupo vigués You Dog! autoedita o seu primeiro LP. Co hard rock como bandeira, e influencias de clásicos dos anos 60, 70 e 90, o cuarteto presenta dez temas en inglés nos que as guitarras e os ritmos contundentes teñen todo o protagonismo. O vindeiro 13 de decembro a cervexaría Miguel da Cidade Olívica acollerá o concerto co que se inaugura a xira de presentación.
Los Santos atacan con Mátame camión
Xénero:
| 12 / 11 / 2014Presentado como "un disco conceptual sobre a figura da muller galega contemporánea do século XXI", o grupo de Sada Los Santos acaba de presentar Mátame camión. O humor máis irreverente e o sarcasmo predominan no segundo traballo da formación, que nos seus trece temas dentro do rexistro do punk rock, cunha mestura de estilos que van do rockabilly ao garage. O disco amosa tamén un curioso achegamento á música tradicional con A cona cantareira, single de presentación do traballo.
novidades discográficas
San Antonio
Los Eternos
Deleiba
III
Grande Amore
Trankimasín
Heredeiros da Crus
Xabral
Ruxe Ruxe
REPORTAXE

Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música