Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Rede de Música ao Vivo ofertará menos actuacións neste semestre
A Rede de Música ao Vivo ofertará menos actuacións neste semestre
febreiro 1, 2017
Case un terzo menos actuacións que no pasado ano, 87 fronte a 126, e unha diminución do orzamento (44.600 euros, fronte a 57.034) marcan o programa da Rede Galega de Música ao Vivo para o primeiro semestre deste 2017. A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) presentaba onte este programa, que contará de 84 concertos e tres monólogo e chegará a unha trintena de salas de dezanove localidades do país. Entre os nomes que actuarán no marco desta iniciativa atópanse The Lákazans, que suman seis recitais, Villanueva con cinco e Igloo e Ivy Moon con catro cada un. Canda a eles, poderán verse concertos de Adrián Costa, Aló Djangó, Andhrea & The Black Cats, Banda Crebinsky, Brigada Bravo & Díaz, Clave de Fado, Dakidarría, Eladio y los Seres Queridos, Faltriqueira, Far Away Place, Ith, Maryland, MJ Pérez, Piña, Por Placer, Secho y los Invisibles, Sinestesia, Sonia Lebedynski, Sumrrá, The Llolipops, Tincho Fernán, Tonichi y Pacheco, Tractor Troy, Helena Goch, The Lines e Frankie Chávez. A oferta complétase cos monólogos de Alberte Montes e Padre Merino. A iniciativa desenvólvese en colaboración coa Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo Clubtura.
Tamén che pode interesar:
- 18/ 1/ 2016 | A Rede de Música ao Vivo mantén a súa oferta para o primeiro semestre
- 1/ 4/ 2013 | A Rede de Música ao Vivo ofertará 96 concertos ata agosto
- 4/ 9/ 2008 | AGADIC abre a convocatoria para a Rede Galega de Música ao Vivo 2009
- 10/ 4/ 2008 | O IGAEM saca a revista da Rede Galega de Música ao Vivo