Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O IGAEM saca a revista da Rede Galega de Música ao Vivo

NOVE MIL EXEMPLARES DE AO VIVO

O IGAEM saca a revista da Rede Galega de Música ao Vivo

MISCELáNEA | abril 10, 2008

not_11919.jpg

A Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) conta con dúas novas canles para a difusión da súa actividade a través da revista “Ao vivo música” e da web www.musicaovivo.info, que en ambos casos ofrecen información sobre a axenda de concertos mailos grupos que configuran a programación deste circuíto de distribución musical promovido polo IGAEM en colaboración con Clubtura, Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo. A revista “Ao vivo música”, de periodicidade semestral, pode descargarse da devandita web e os seus 9.000 exemplares impresos se distribúen de xeito gratuíto nas salas da RGMV. A formación viguesa The Blows ocupa a portada do primeiro número da publicación, dando paso a máis de 30 páxinas nas que aparecen, entre outros contidos, reportaxes e entrevistas.