Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A convocatoria para A Rede Galega de Música ao Vivo 2008 suprime a selección previa e a distinción en categorías

CONVOCATORIA ABERTA DA RGMV 2008

A convocatoria para A Rede Galega de Música ao Vivo 2008 suprime a selección previa e a distinción en categorías

MISCELáNEA | xullo 9, 2007

not_10307.jpg

O prazo de apuntarse á Rede Galega de Música ao Vivo 2008 xa está aberto para as salas e músicos desde o día 5 de xullo ata o 3 de agosto a través da páxina web de Galescena. As bases deste programa do IGAEM destinado a favorecer unha programación de concertos en salas privadas estable e de calidade traen numerosos cambios respecto ao vixente ano. Desaparecen nesta convocatoria dous elementos que suscitaron numerosas controversias anteriormente como foron as dúas categorías nas que se dividía aos artistas e a fase de selección previa por parte dunha comisión designada. A convocatoria do 2008 deixa liberdade para fixar o caché aos artistas, impondo un máximo de 800 euros por actuación e un mínimo de seis concertos para estar na rede, o programa inclúe tamén actuacións no mes de setembro. As salas asumirán o 15 % dos cachés e a recadación que supere a inversión repartirase a partes iguais entre músicos e salas.

Máis información en Galescena
e sobre a RGMV nos nosos arquivos