Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / AGADIC abre a convocatoria para a Rede Galega de Música ao Vivo 2009

AS BASES INCLúEN UN APOIO á CONTRATACIóN DE MúSICOS QUE USEN A LINGUA GALEGA

AGADIC abre a convocatoria para a Rede Galega de Música ao Vivo 2009

MISCELáNEA | setembro 4, 2008

not_12909.jpg

Abriuse o pasado 1 de setembro e ata o 30 deste mes a convocatoria a músicos e salas para apuntarse na Rede Galega de Música ao Vivo por o ano 2009. Este programa, agora convocado desde a nova Axencia Galega das Industrias Culturais – AGADIC- presenta algunhas variacións nas normas de funcionamento que o rexerán na seguinte xeira. Se ben o caché máximo que pode presentar un grupo mantense nos 800 euros rebaixa o número de concertos esixibles de seis a catro actuacións contratadas para ter una proposta musical na rede. A nova convocatoria tamén cambia o modelo de subvención ás salas das actuacións do 85% fixo anterior a entre 75% e 90% en función do caché dos músicos, a máis caché menos subvención, e da lingua que estes usen, apoiando cun 5% de subvención adicional os casos de músicos e grupos que usen a lingua galega. Suprímese tamén o reparto entre músicos e sala das recadacións de billeteira que superen a inversión, quedando o empresario co resultado íntegro de venda das entradas.

DOCUMENTO | Dossier