Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Rede de Música ao Vivo ofertará 96 concertos ata agosto

A INICIATIVA VE REDUCIDOS OS SEUS ORZAMENTOS PARA 2013

A Rede de Música ao Vivo ofertará 96 concertos ata agosto

MISCELáNEA | abril 1, 2013

imaxe non dispoñible

Menos concertos, menos orzamento e menos salas. A programación da Rede Galega de Música ao Vivo, que adiantou este sábado a Consellaría de Cultura mingua notablemente e contará con 75.000 euros para a primeira xeira do ano, entre abril e agosto. En total serán 96 concertos a cargo de 27 formacións que actuarán en 26 locais diferentes de todo o país. O pasado ano, arrincando as actuacións en febreiro, programáronse ata agosto 226 concertos a cargo de 69 grupos, cun orzamento de 96.893 euros, e en 2011 oferéranse 284 actuacións nese mesmo período. A axenda coa programación deste ano está dispoñible no web de AGADIC.