Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Rede de Música ao Vivo mantén a súa oferta para o primeiro semestre
A Rede de Música ao Vivo mantén a súa oferta para o primeiro semestre
xaneiro 18, 2016
A Axencia Galega das Industrias Culturais anunciaba onte que a Rede Galega de Música ao Vigo ofertará no primeiro semestre desde 2016 un total de 126 concertos e actuacións. A cifra total é igual á do pasado ano, aínda que medra a presenza de propostas non estritamente musicais. Así, poderán verse no seo desta iniciativa 116 citas musicais protagonizadas por 49 grupos ou solistas, seis representacións escénicas e catro propostas de maxia, fronte aos 120 concertos e seis espectáculos que se puideron ver no mesmo período de 2015. Como novidade, incorpóranse ao programa cinco novas salas, O Con do Moucho das Illa de Arousa, A Cova dos Trasnos das Pontes de García Rodríguez, Bar O Latas de Celanova, Pub O Muíño de Cervo e a Sala Sónar de Santiago de Compostela. Con estas incorporacións, o proxecto alcanza un total 33 espazos en 23 localidades do país.