Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Baldo Martínez estrea nova formación no Imaxina Sons

O GRUPO CUARTETO EUROPA DEDíCASE AO JAZZ EUROPEO CONTEMPORáNEO

Baldo Martínez estrea nova formación no Imaxina Sons

JAZZ/BLUES | xullo 1, 2013

imaxe non dispoñible

Foi no marco do Festival Imaxina Sons, encontro que o propio Baldo Martinez dirixiu, cando o músico debutou co seu novo proxecto musical. Chámase Cuarteto Europa, un nome que desvela parte da súa particularidade, como é a procedencia europea dos seus membros. A outra súa gran característica é que o seu estilo é o jazz europeo contemporáneo. Era o seu debut en Galicia e foi o peche dos tres únicos concertos que ofreceron en España. Alén do propio Martínez, integran este proxecto Dominique Pifarely (violín), Samuel Blaser (trombón) e Ramón López (batería habitual de Joachim Kühn).