O Imaxina Sons volta a Vigo
xuño 13, 2012
A cantante portuguesa Luísa Sobral abre a VIII edición do festival de Jazz Imaxina Sons, que finalmente volta a Vigo este ano logo das dúbidas sobre a súa continuidade. O evento celebrarase entre os días 21 e 30 de xuño, e canda a Sobral, contará coa presenza de Orquestra Voland, proxecto músicoliterario de Roberto Somoza e Quinito Mourelle,o pianista Joachim Kühn, o cellista Daniel Levin, Dhafer Youssef co seu cuarteto, Iago Fernández ou Suelen Estar Quartet. Nani García corre coa dirección do proxecto, que se centra en amosar as correntes do jazz europeo.
Tamén che pode interesar:
- 1/ 7/ 2013 | Baldo Martínez estrea nova formación no Imaxina Sons
- 4/ 6/ 2009 | A Cidade de Vigo vólcase co Imaxina Sons, o festival de Jazz
- 5/ 5/ 2009 | O Imaxina Sons cumpre cinco anos achegando o jazz ao público vigués
- 26/ 6/ 2008 | Baldo Martínez: “Este é o asentamento definitivo de Imaxina Sons”
- 21/ 6/ 2007 | Comeza a terceira edición do festival Imaxina Sons que presenta doce días de actividades diversas