Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Imaxina Sons cumpre cinco anos achegando o jazz ao público vigués

A CITA TERá LUGAR DO 25 DE XUñO AO 5 DE XULLO

O Imaxina Sons cumpre cinco anos achegando o jazz ao público vigués

JAZZ/BLUES | maio 5, 2009

imaxe non dispoñible

Naceu co obxectivo de amosar o jazz europeo, incluíndo nesta etiqueta o que se facía en Galicia. Pero non hai máis que botarlle unha ollada ao programa para ver que a quinta edición do Imaxina Sons presta atención ao jazz de todas as procedencias (Europa, América e Galicia) e todas as xeracións. O certame que organiza o concello de Vigo pretende, nesta edición de consolidación, captar a atención da crítica especializada e facerse un oco entre os eventos relevantes de jazz no Estado. Pero todo iso sen esquecer á cidadanía. A sala de concertos de Caixanova, clubes da cidade, as rúas, o MARCO, o Conservatorio... a cidade enteira será escenario, do 25 de xuño ao 5 de xullo, de conferencias, concertos, master-class, mesas redondas para exhibir o mellor jazz do momento.

Ligazóns