Javier Marcos debuta con Ten Dez
xaneiro 12, 2016
Aínda que leva xa anos a se desenvolver como vocalista de jazz, non foi ata o pasado mes de decembro que o vigués Javier Marcos debutou discograficamente. Ten Dez é o título do seu traballo, que ve a luz da man de Freecode Jazz Records e na que o cantante achega o seu bo facer a temas clásicos do jazz con algunha incursión noutros xéneros como a versión que achega de O leãozinho de Caetano Veloso. Canda a el, un cuarteto formado por Rosolino Marinello (saxo e clarinete), Felipe Villar (guitarra), Jose Manuel Díaz (contrabaixo) e Max Gómez (batería) arroupa as súas interpretacións. La Casa de Arriba, en Vigo, acolle esta noite a posta de longo do proxecto.