Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Cidade de Vigo vólcase co Imaxina Sons, o festival de Jazz

O ENCONTRO DESENVOLVERASE DO 25 DE XUñO AO 5 DE XULLO

A Cidade de Vigo vólcase co Imaxina Sons, o festival de Jazz

JAZZ/BLUES | xuño 4, 2009

imaxe non dispoñible

Hai un mes, o Concello de Vigo presentou un avance do que sería a V edición do Imaxina Sons, o seu festival de jazz. Agora xa se coñece o programa na súa totalidade, e nel destaca un interese por achegar este xénero musical a todos os puntos da cidade e para todos os públicos. A antesala do encontro comezará este sábado (6 de xuño) coa Orquestra “A tempo” percorrendo as rúas e prazas da cidade. O núcleo duro terá lugar do 25 de xuño ao 5 de xullo nos que haberá clases maxistrais, concertos noctámbulos, libros e conversa. De entre todo o programa destaca o concerto inaugural coa presenza do saxofonista norteamericano Charles Lloyd que presentara o seu traballo máis recente, Rabo de Nube.

DOCUMENTO