Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Imaxinasons leva 13 formacións a Vigo no seu décimo aniversario

A PROGRAMACIóN DE JAZZ ENCHERá A CIDADE ENTRE O 26 DE XUñO E O 5 DE XULLO

Imaxinasons leva 13 formacións a Vigo no seu décimo aniversario

JAZZ/BLUES | xuño 5, 2014

imaxe non dispoñible

O festival de jazz de Vigo, Imaxinasons, celebra a súa décima edición por todo o alto. Un total de 13 artistas actuarán na Cidade Olívica entre o o 26 de xuño e o 5 de xullo nun programa que inclúe tamén actividades formativas, encontros cos artistas e propostas paralelas como a exposición Vigo ten swing. Entre os nomes destacados desta edición atópase unha nutrida presenza de artistas europeos como Alfredo Rodríguez, Gilad Hekselman, Riverside Quartet, Pierre Basten, Hugo Carvalhais, Michael Wollny ou Riverside Quartet. A nivel galego, o festival contará coa presenza de Alberto Conde, Lucía Martínez ou Sumrrá.

DOCUMENTO
Ligazóns